Ola Xabier:

Xabi García wrote:
>
> (Test de transparencia)
>
> Por certo, xa que estás, perdoa a invasión da intimidade gubernamental,
> ¿que empresa o está a facer? ¿por que só revisades Gnome e Gaim?
>   
O Gnome está sendo revisado pola Sociedade Cooperativa Galega de 
Traballo Asociado Tagen Ata Lingua e Comunicación, conxuntamente co 
coordinador oficial Ignacio Casal. Temos pensado rematar os traballos en 
febreiro.

O Gaim xa foi revisado pola empresa Reverso Servizos Lingüísticos. 
Actualmente estamos traballando xa na versión 2.0 por indicación do 
coordinador oficial.

Respecto á segunda pregunta, como xa dicía noutro mail: "Ademais dos 
traballos de revisión que estamos facendo para o Gnome e o Gaim estamos 
traducindo o Thunderbird e revisando e traducindo o Firefox, así como o 
software Cyclos, que permite xestionar bancos de tempo on-line. En todos 
estes proxectos contactouse cos coordinadores oficiais ou cos tradutores 
principais. Nalgúns casos a resposta foi moi positiva e a colaboración 
xa está funcionando e noutros non recibimos resposta algunha. Asemade, 
estamos a facer manuais en galego para todos estes programas baseándonos 
nun traballo Creative Commons elaborado por Softcatalà, previa petición 
explícita."

Saúdos.

J. Arribi


Reply via email to