Outra cousa que se me esquecía: A xunta está agora
a corrixir a tradución de Gnome por medio dunha empresa
e tamén están a corrixir o Gaim.

On 1/15/07, Nacho <nacho.resa en gmail.com> wrote:
>
> Eu que pensara que l10n-status xa morrera...
> Informar que agora emprégase http://progress.gnome.org/teams/gl
> para as estatísticas de Gnome.
>
> Saúdos.
>
> On 1/15/07, Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com> wrote:
> >
> > Pois si:
> >
> > http://www1.mandrivalinux.com/l10n/gl.php3
> >
> > e xa postos tamen das outras distribucións e programas soltos que
> > traducimos algunha outra xente de Trasno, coma Abiword, Inkscape,
> > poEdit, aMule, etc....
> >
> > Pero co que puxeches xa abonda para empezar a criticar :)
> >
> > Ata logo, Leandro Regueiro
> >
> >
> > On 1/15/07, Xabi G. Feal <xabigf en gmx.net> wrote:
> > > Teño problemas coa recepción das mensaxes, xa que deste fío só recibín
> > esta. O
> > > resto olleino na páxina de arquivos.
> > >
> > > Xa que seguides co asunto permítome poñer unha mensaxe que lle enviei
> > a Suso
> > > Baleato pensando que non vos apetecía tanto debate. Pero antes quero
> > recalcar
> > > dúas cousas que máis ou menos tamén digo na mensaxe.
> > >
> > > A primeira é que a Xunta ten dúas vías de facer política a prol do sw
> > libre:
> > > por pasiva e por activa. Por pasiva actuaría como centro de recursos
> > > (soporte, loxísitica, medios materiais, receptora de propostas ...
> > etc) e por
> > > activa facendo política directa. Na reunión sempre se deixou claro que
> > non
> > > ían facer política activa porque non era o seu papel (por exemplo,
> > traducir,
> > > desenvolver ... ) e polo tanto iso era cousa da comunidade de
> > voluntarios
> > > e/ou das empresas privadas (isto é economía de traballo liberal, o
> > estado non
> > > se inmiscúe). Agora ben, coma sempre, a intervención sempre acaba
> > ocorrendo
> > > e, dun xeito ou doutro, faise política activa porque non hai as
> > espectativas
> > > que había ao principio de que as cousas se puideran erguer sen tutores
> >
> > > (véxase OpenOffice, Entrans ou Mozilla). Así que non me creo que non
> > vaian a
> > > facer máis cousas activamente.
> > >
> > > A segunda é que, haxa interlocución ou non entre Xunta-Voluntariado (é
> > dicir,
> > > haxa ou non a lista Ferramentas_e_Estratexias, perdoade a ironía) a
> > moitos se
> > > lles está esquecendo que Trasno non é só un grupo máis. É dicir, se a
> > Xunta
> > > quere localizar software libre ten que integrarse nos proxectos
> > oficiais de
> > > tradución, e se non quere localizar, pois que non se integre e deixe a
> > festa
> > > en paz. Porén, como só están facendo política activa nos lugares onde
> > a
> > > coordinación anda débil ou non existe (OpenOffice, Mozilla) non hai
> > > posibilidade de interferencia co voluntariado. E entende un así por
> > que
> > > OpenOffice e Mozilla si, e por que KDE ou Gnome non.
> > >
> > > Para rematar paréceme que se dá moi mala imaxe (da Xunta) cando aínda
> > por riba
> > > de que estamos a traballar na tradución nós e a Xunta non, se nos diga
> > que
> > > non pode mos criticar sen propoñer ou que, para só criticar, deixemos
> > de
> > > facelo polos seus efectos negativos. Os que teñen que calar, segundo
> > esta
> > > hipótese da plausibilidade da crítica en función das propostas, é a
> > Xunta.
> > > Logo esta frase:
> > >
> > > "En resumo: que non tes nengunha proposta e que dende trasno non se
> > fixo
> > > nada ao respeito."
> > >
> > > simplemente, sobra. "Ao respeito" fíxose isto
> > >
> > > http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk/toplist.php
> > >
> > > e isto
> > >
> > > http://l10n-status.gnome.org/gnome-2.16/top.html
> > >
> > > e isto
> > >
> > > http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla
> > >
> > > ¿Esquézome de algo?
> > >
> > > _______________________________________________
> > > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> > > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> > >
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
> > >
> > _______________________________________________
> > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> >
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
> >
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20070115/9d67d093/attachment.htm
 

Responderlle a