Considero que é un movimento o suficientemente claro  na dirección de peche de 
mancomun como para que nos mobilicemos. 

Propoño redactar un texto conxunto de apoio a mancomún entre os GULS, 
tradutores, etc . Eu esixiría a continuidade de mancomun e de cumprimento do 
propio plano electoral do partido do goberno. 

O Martes 15 Setembro 2009 19:18:35 Minhoca escribiu:
> http://www.anosaterra.org/nova/34182/comezan-os-despidos-en-mancomun-.html
> 
> A Xunta deixa de apoiar o software libre
> Comezan os despidos en Mancomun
> 
> Redacción .  Nas últimas horas comezaron a recibir as cartas de
> despedimento os membros de Mancomun, organismo público, dependente da
> Consellaría de Presidencia, dedicado ao software libre.
> 
> A pesar de que o Goberno anunciara que mantería o pulo polo software
> libre iniciado na anterior lexislatura, a Consellaría da Presidencia
> comezou a liquidación de Mancomun, o organismo público creado xustamente
> para desenvolver este tipo de tecnoloxías en Galiza e en galego. Estes
> días, os empregados empezaron a recibir as cartas de despedimento e é
> posíbel que o propio organismo desapareza ou se manteña con novo persoal
> e novos obxectivos.
> 
> Nos últimos meses, os membros do equipo de Mancomun, dirixidos por Xesús
> Baleato, denunciaran a intención do Goberno de reducir o investimento en
> software libre ao tempo que asinaban novos contratos con empresas do
> sector, caso de Microsoft, que manteñen unha política totalmente oposta
> en canto ao acceso da tecnoloxía por parte dos usuarios e as empresas.
> 
> Mancomun naceu no 2005 como parte do pacto de goberno entre PSdeG e BNG.
> Baixo a estrutura da Consellaría de Innovación iniciou diversos
> proxectos para introducir programas de software libre no tecido
> produtivo e tamén nos computadores da Administración. O seu deseño
> estrela foi o Galinux, un sistema operativo completo en galego que
> permitía facer un uso do computador completo (internet, ofimática, vídeo
> e audio...) sen necesidade de comprar software engadido. As súas
> vantaxes foron gabadas por diferentes representantes da industria e
> incluso da política. Nas últimas semanas, até o alcalde de Lalín, o
> popular Xosé Crespo, se mostrou favorábel ao seu desenvolvemento.
> 
> Fontes de Mancomun lamentaron a decisión da Xunta mais recordaron que o
> desenvolvemento de proxectos de software libre desde Galiza seguirá en
> pé grazas ao traballo de iniciativas particulares agrupadas en diversas
> redes.
> 

Responderlle a