Suso Baleato escribiu na data 07/10/09 19:26: > mais por ir ás cousas prácticas: eu estou tratando de resolver agora mesmo os > problemas loxísticos dos tres proxectos que coordeno (GNOME, OpenOffice e > Mozilla). Gustaríame saber se podería contar coas vosas máquinas para albergar > nelas servizos aínda que sexa de forma temporal. Tamén me gustaría saber se > habería xente disposta para asumir tarefas concretas do traballo de > localización. E sobre todo gustaríame saber se estaríades en disposición de > traballar conxuntamente tanto con Trasno como con Ubuntu ou se hai algún > "pique" ou incompatibilidade que impida ese traballo conxunto. Espero que > poidades desculpar a franqueza, pero é que non hai demasiado tempo para > sutilezas, me temo.
Que se pode contar cos nosos recursos é algo que xa timos discutido e acordado en máis dunha ocasión. Seguramente haberá que contratar mais máquina, inclusive pensarmos nun servidor dedicado, e sobre isto temos decidido tirar para adiante, e recadar os cartos como fixemos sempre, mediante subscripción popular. Esta parte penso que a timos resolta con anterioridade por outras conversas. Dos piques... coido que ninguén pode falar aiquí de piques entre colectivos. A CiberIrmandade sempre deixou a porta aberta a calquer colectivo ou persoa que quixer facer uso dos seus recursos e ferramentas polo ben da nosa lingua e país. Pola nosa parte, non nos pasa pola cabeza nada negativo, tan só bogar, con remos distintos, mais na mesma dirección que os demais. Así que coido que non podemos falar máis dalgo que pola nosa parte non existe. Na CiberIrmandade si estamos dispostos a traballar conxuntamente con outros na medida das nosas posibilidades (técnicas e de tempo). Pero sumando o noso e o de moita outra xente, seguro que entre tod en s podemos (e debemos) facer algo. Canto ao de asumir tarefas, pola CIF fomos tirando para adiante na medida da nosa humilde aportación. Tivemos e timos ciclos de diferente grao de actividade, en función da xente que quería ou podía colaborar. Nas traduciós centrámonos na aportación de xente non experta en informática que ía traducindo aos poucos. Supoño que pase o que pase e onde pase, poderemos sumar esforzos de distinto nivel: a ciberirmandade pode aportar xente, organización, publicidade, eco nos medios, traduciós non profesionais, experiencia no activismo lingüístico, mentres outr en s poden aportar coñecemento mais técnico e de ámbito linguista. É cousa de sumar, tod en s xunt en s. Unha aperta. -- +---------------------------------------+ | José Antonio Cidre Bardelás | Vigo | CiberIrmandade da Fala | http://www.ciberirmandade.org +---------------------------------------+ ........................................................................ : Fai tamén unha visita a: : http://www.arquitecturagalega.net : http://www.cidrebardelas.com (Sitio web profesional arquitecto) : http://www.jrsoftware.org/files/istrans/ (O inno-setup en galego) : http://www.poptray.org (O PopTray en galego) :.......................................................................