Olá

Sinto contestar tarde, ando enleado. Vou intentar dar a miña opinión do que 
falades, e espero que outros trasnegos comenten tamén.

Como ben dicides Trasno está en pleno proceso de fundación, así que estas 
conversas cóllenos nun momento de reflexión interna. Nese sentido temos que 
reflexionar conxuntamente sobre do que propuxestes antes de o valorar.

Agradezo profundamente o ofrecemento de Ciberirmandades, iso que quede claro. 
Compartimos intereses e hai terreo para a colaboración. Como neste momento 
Trasno non dispón de infraestrutura nin é unha asociación con 
responsabilidades como as CIF non sería práctica unha reunión, inda que sen 
dúbida poderá ter lugar nas próximas semanas. 

Mais ao fío da discusión non quero deixar de aclarar ou preguntar sobre certos 
aspectos:

1. a orixe e o motivo principal de existir de Trasno é de servir de canle de 
comunicación para toda a comunidade de tradutores; a efectos somos un grupo 
paraugas de moitos proxectos

2. de feito existe un estreito vínculo entre a xente de Ubuntu e Trasno; igual 
que se considera Ubuntu como entidade propia, poderíase considerar, p.ex o 
grupo de KDE

3. o estatuto que firmaremos está pensado para crear unha asociación que 
ampare a quen traduza, non só ós asociados -- pretende ser a asociación matriz 
que acolla a localización galega, coordine e dispoña os recursos que esta 
necesita

4. Inda que a invitación a se unir quedou clara, non entendo demasiado as 
presas por convocar reunións con data e lugar prefixado *cando* os máis 
interesados e que máis traballo activo realizan localizando aínda non se 
expresaran. Non entendo as presas.

5. e unha curiosidade,  que igual entendín mal, pregúntome porqué é necesario 
infraestrutura propia para manter a localización de GNOME, OOo e Mozilla?. 

cordialmente, 

Miguel

------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091014/9b3b6986/attachment.htm
 

Responderlle a