-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Expresarei a miña opinión despois da reunión de Trasno.
Por outra banda  agora mesmo a xente que colaboramos en Ubuntu estamos
traballando para chegar á nova data de release.

Saúdos

Miguel Branco escribiu:
> Olá
> 
> Sinto contestar tarde, ando enleado. Vou intentar dar a miña opinión do
> que falades, e espero que outros trasnegos comenten tamén.
> 
> Como ben dicides Trasno está en pleno proceso de fundación, así que
> estas conversas cóllenos nun momento de reflexión interna. Nese sentido
> temos que reflexionar conxuntamente sobre do que propuxestes antes de o
> valorar.
> 
> Agradezo profundamente o ofrecemento de Ciberirmandades, iso que quede
> claro. Compartimos intereses e hai terreo para a colaboración. Como
> neste momento Trasno non dispón de infraestrutura nin é unha asociación
> con responsabilidades como as CIF non sería práctica unha reunión, inda
> que sen dúbida poderá ter lugar nas próximas semanas.
> 
> Mais ao fío da discusión non quero deixar de aclarar ou preguntar sobre
> certos aspectos:
> 
> 1. a orixe e o motivo principal de existir de Trasno é de servir de
> canle de comunicación para toda a comunidade de tradutores; a efectos
> somos un grupo paraugas de moitos proxectos
> 
> 2. de feito existe un estreito vínculo entre a xente de Ubuntu e Trasno;
> igual que se considera Ubuntu como entidade propia, poderíase
> considerar, p.ex o grupo de KDE
> 
> 3. o estatuto que firmaremos está pensado para crear unha asociación que
> ampare a quen traduza, non só ós asociados -- pretende ser a asociación
> matriz que acolla a localización galega, coordine e dispoña os recursos
> que esta necesita
> 
> 4. Inda que a invitación a se unir quedou clara, non entendo demasiado
> as presas por convocar reunións con data e lugar prefixado *cando* os
> máis interesados e que máis traballo activo realizan localizando aínda
> non se expresaran. Non entendo as presas.
> 
> 5. e unha curiosidade, que igual entendín mal, pregúntome porqué é
> necesario infraestrutura propia para manter a localización de GNOME, OOo
> e Mozilla?.
> 
> cordialmente,
> 
> Miguel
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     listas en mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrVBZQACgkQmLtmJqKk+bhF2QCbBMxXsva/sv8uwuSGS1hQtGkP
7ukAn1mFKf9Djz91ptO2z6CxVt2JwhTC
=GbA9
-----END PGP SIGNATURE-----

Responderlle a