> Ola,
> Clipart aparece traducido no Open Office como "imaxes predeseñadas", que
> parece unha tradución correcta. Podedes consultalo en:
>      http://sli.uvigo.es/CLUVI/#logaliza
>      http://corpus.mancomun.org/xestermos.php
> En calquera caso, sería mellor "gráfica" antes que "gráfico".

Eu tamén o deixaba sen traducir, pero unha consulta no open-tran deume
poucos resultados nos que se mantiña sen traducir, sobre todo no
openoffice onde como dicides está traducido. Por iso pregunto, para ir
fixando esta terminoloxía e ila engadindo a ese futuro glosario de
termos relacionados cas imaxes.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Reply via email to