>>>> Ola,
>>>> Clipart aparece traducido no Open Office como "imaxes predeseñadas",
>>>> que parece unha tradución correcta. Podedes consultalo en:
>>>>      http://sli.uvigo.es/CLUVI/#logaliza
>>>>      http://corpus.mancomun.org/xestermos.php
>>>> En calquera caso, sería mellor "gráfica" antes que "gráfico".
>>>
>>> Eu tamén o deixaba sen traducir, pero unha consulta no open-tran deume
>>> poucos resultados nos que se mantiña sen traducir, sobre todo no
>>> openoffice onde como dicides está traducido. Por iso pregunto, para ir
>>> fixando esta terminoloxía e ila engadindo a ese futuro glosario de
>>> termos relacionados cas imaxes.
>>
>> Eu traduciríao.
> Eu sempre emprego "imaxe(s) predeseñada(s)"

Eu non teño problema ningún en cambialo, pero hai que decidirse por
unha opción ou outra e poñelo no glosario. Supoño que Antón xa irá
tomando nota.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a