> Curioso e confuso... (Xabier, non me refiro ao teu correo, que foi claro
> e conciso  ;-) ).
>
> Acabo de comprobar que o editor Wordforge [1] é a evolución do que fora
> a ferramenta Pootling, feita polo "Translate project" (creadores de
> Pootle e o Translate toolkit).
>
> O que me resulta chocante é que o "Translate project" abandonou Pootling
> para desenvolver a ferramenta Virtaal [3], que polo menos sobre o papel
> ten unhas características [4] que son similares ás que indica Xabier que
> ten o WordForge Editor. Ademais o "Translate project" foi durante
> bastante tempo financiado polo proxecto Wordforge.
>
> ¿Sabe alguén a que se debe esta ruptura/duplicidade?. Sería interesante
> se desde Tagen Ata puidésedes comparar as dúas ferramentas (Wordforge
> Editor e Virtaal) e comentásedes o resultado.

A min tamén me pareceu raro isto, pero pensaba que o virtaal era só
para Mac, non sei por que. O que vexo é que ultimamente todos fan o
seu programa de tradución, incluido Nacho que dixo que tiña pensado un
fork do gtranslator.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a