2008/11/14 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>> Curioso e confuso... (Xabier, non me refiro ao teu correo, que foi claro
>> e conciso  ;-) ).
>>
>> Acabo de comprobar que o editor Wordforge [1] é a evolución do que fora
>> a ferramenta Pootling, feita polo "Translate project" (creadores de
>> Pootle e o Translate toolkit).
>>
>> O que me resulta chocante é que o "Translate project" abandonou Pootling
>> para desenvolver a ferramenta Virtaal [3], que polo menos sobre o papel
>> ten unhas características [4] que son similares ás que indica Xabier que
>> ten o WordForge Editor. Ademais o "Translate project" foi durante
>> bastante tempo financiado polo proxecto Wordforge.
>>
>> ¿Sabe alguén a que se debe esta ruptura/duplicidade?. Sería interesante
>> se desde Tagen Ata puidésedes comparar as dúas ferramentas (Wordforge
>> Editor e Virtaal) e comentásedes o resultado.
>
> A min tamén me pareceu raro isto, pero pensaba que o virtaal era só
> para Mac, non sei por que. O que vexo é que ultimamente todos fan o
> seu programa de tradución, incluido Nacho que dixo que tiña pensado un
> fork do gtranslator.

Parece que ten caracteristicas interesantes, sobre todo o xestor de
glosarios, algo que non lle vira antes a ningún outro programa.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a