2008/5/12 Antón Lado <reversow en reversoweb.com>:
> Ola a todos/as,
> Parece que comeza a haber vimbios para ir facendo o cesto. Dada esta
> profusión de guías de estilo que existen:
>
> 1. A elaborada por Xusto e Xosé Antón Rubal, que toma como modelo a guía de
> Softcatalá e que é o primeiro traballo de sistematización de criterios para
> a localización, xunto coa guía elaborada no Proxecto Trasno.
>
> 2. A guía do Proxecto Trasno.
>
> 3. A elaborada por Reverso a partir destas dúas (1-2) e con achegas e
> modificacións a partir dos traballos que realizamos.
>
> 4. A elaborada por Iván Méndez. Traballo nada desestimable e que se fixo
> baixo o amparo da OSL da UdC.
>
> 5. A que achegará Imaxin proximamente á comunidade de mancomún. Se non
> entendo mal, achegarase proximamente, non? Se non é así, onde se pode
> baixar? Por que en mancomún non se fala dela? Agardamos impacientes ;-).
>
>
> Ben, dado que temos 5 guías de estilo, non estaría de mais abrir un espazo
> no wiki onde se puidese dialogar sobre os diferentes criterios. Intúo que
> haberá diferenzas entre as distintas guías, pero non debería ser tan
> complicado consensuar uns criterios de referencia para os proxectos de
> localización de sóftware libre entre toda a comunidade. En resumo: facer un
> remexido de todas e que a comunidade se poida beneficiar de criterios
> unificados. Quizais este é o momento, dada a boa predisposición da xente.

Eu persoalmente no das guias non me meto moito porque a parte
lingüística fai que me perda. Seguirei o que acordedes vós. Concordo
no de montar un espazo de discusión. Ademais penso que unha vez
consensuado o asunto deberian poñerse anuncios nesas guias apuntando á
máis nova, consensuada e agardemos que completa guía. Por certo, falta
a Marce's Style Guide, espero adiantarme a el...

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a