2008/5/12 Antón Lado <reversow en reversoweb.com>:
> Ola a todos/as,
>  Sen entrar noutras cuestións que expós que poden ser discutibles e
>  que nos introducirían nun bucle de debate desesperante, fago aquí
>  algunhas apreciacións sobre algunhas das dúbidas que lanzaches.
>
>   >>     - Xuntanza para explicar como é a nova normativa (2003) xa que eu
>  quedei na anterior...
>
>  ##Para cuestións relacionadas cos nimios cambios normativos, calquera
>  referencia das que aparece no google pode ilustrarnos sobre a
>  situación (no primeiro vínculo, aparecen unhas versións das normas en
>  pdf, supoño que será cuestión de se consulte cada vez que haxa
>  dúbidas) http://www.google.es/search?hl=gl&client=firefox-
>  a&rls=org.mozilla%3Aes-ES%3Aofficial&hs=tCs&q=normas+ortogr%C3%A1ficas
>  +idioma+galego&btnG=Procurar&meta=

Supoño que estes recursos hai que poñelos nunha lista ben completa,
para que non teñamos que peregrinar por toda a web. Perder tempo é
algo que odio.

>   >> E agora algunhas dúbidas persoais:
>
>         - nomes paises, de moedas, e de linguas (é isto terminoloxia??),
>  como
>  facemos para atopar tradución para todo isto?? o home de Reverso
>  mencionara que habia xente traducindo estas cousas, contactar con
>  eles...
>
>  ## Non sei se darche as grazas polo de "home" ou sentirme
>  ofendido ;-). En calquera caso, parece haber proxectos en marcha para
>  fixar os nomes dos países (que mira que lle damos voltas!!!). Polo
>  momento, moitas aplicacións que xa están localiizadas levan nomes de
>  países, linguas, xentilicios, etc., cos que se pode traballar con
>  bastante fiabilidade. Como digo, hai proxectos de fixación de
>  topónimos internacionais en marcha, agora ben, se agardamos a que
>  unha entidade coma a Rag "sentencie" e dea o seu visto e prace, o
>  único que podemos esperar é que os proxectos de localización (e os
>  seus voluntarios) estean paralizados esperando respostas.

O de home saiume por referirme a ti dalgún xeito. Non asocio nomes tan
facilmente.  Ainda bo foi que me quedara con que eres de Reverso!!

Iso terémolo que facer nós. Iso xa me quedara claro, pero hai que
xuntar a quen estea nelo xa, e a quen lle interese, comezando por min,
para xuntarnos e propoñer as nosas ideas. Os da galipedia tamén teñen
este mesmo problema. Eles son uns dos interesados. Como dixera Xusto,
dentro de vinte anos a RAG ha atopar o noso traballo conxunto e ha
pensar en aceptalo.

>   >>     - temos o diccionario de ir indo, pero hai outros por ai que igual
>  son útiles. Quen fixo estes diccionarios? Poden colaborar en mellorar
>  un unico diccionario e que sexa mais util?? Gustame o estilo do
>  diccionario de Ir indo, é chulo e tal, pero vai seguir sendo de libre
>  consulta?, vano ir mellorando?, a RAG fai algo realmente ca súa merda
>  de diccionario, non deberian facer isto eles (creo que pola parte da
>  RAG dician que non se chegaba a ningures)??
>
>  ## Os dicionarios, os glosarios, etcétera, deben saír da propia
>  comunidade. Se non os hai, alguén os ten que facer e, francamente,
>  non vexo mellor sitio para decidir cal debe ser o correspondente
>  galego de "Sindicación RSS" ca a propia comunidade de macomun, que
>  posúe un grupo interdisciplinar de lingüistas e informáticos que
>  deben chegar a acordos e dar solucións rápidas, cousa que dubido que
>  teña calquera das entidades "canonizadoras" de lingua (rag, ilg,
>  termigal...).

Un diccionario é un traballo do demo!! Se non queda máis remedio...
Pero o de ter sete diccionarios en web faime ferver o sangue. É que
imos inventar a roda unha e outra e outra vez?? Igual conviña algo de
colaboración por parte de toda a xente que fai diccionarios. Eu non
estaria en contra de que editoriais ou quen sexa aproveite ese
traballo sempre que sigamos tendo un sitio na web onde ese traballo
estea dispoñible libremente para todo o mundo.

Isto lévanos outra vez ó de que a fragmentación ou minifundismo se
queredes, lévanos inevitablemente a estar en moitos grupúsculos
illados que fan o mesmo, teñen os mesmos obxectivos e nunca chegan a
cumprilos por falta de persoal e medios, que se se xuntan poderían
ter.

>   >>     - o asunto do karma?? (non sei a que demo viñera isto e non sei en
>  que quedou a cousa...)
>
>  ## Pola miña parte, a día de hoxe sigo sen saber cantos usuarios hai
>  en mancomún, cantos levan xa tempo traballando, que porcentaxe vai e
>  vén, ou quen está a proporcionar traducións de calidade e cuxas
>  argumentacións (no que á localización se refire) debería ter "certo
>  peso" nese 'consenso interno asesorado', tanto no que se refire ás
>  cuestións lingüísticas, coma nas puramente técnicas de tradución,
>  coma nas de enxeñería informática, etc.
>
>  ## Quizais cun sistema de valoración de usuarios, se fomentase unha
>  maior cohesión da comunidade, un recoñecemento do traballo dos
>  diferentes volunarios, etc., e do peso que as súas achegas teñen na
>  comunidade.
>
>  ## As ferramentas da web social poderían vertebrar a comunidade neste
>  sentido. Aínda que só sexa para levar un reconto de usuarios (canta
>  xente hai detrás de mancomún? Eu aínda non o sei. Se "eramos os que
>  estabamos", somos ben poucos, e ben pouca será a nosa capacidade,
>  para levar a cabo todas esas conclusións que saíron do encontro.

Na comunidade descoñecemos cantos somos, de onde somos e todo iso. Só
se ve a aqueles que se moven. E iso dentro do noso grupo. Cas persoas
illadas non temos contacto. Facer un sistema que involucre á xente
pode que a faga máis visible como ti dis.

>   >>     - Imos montar un servidor TM con traducións validadas, que facemos
>  con tódalas outras traducións non validadas?? Non as reutilizamos?
>  Conviria montar outro servidor TM de traducións non validadas para
>  aproveitalas dalgún xeito?
>
>  ## Dáme a impresión que tanto o sábado coma o domingo saíron
>  interesantes achegas para "ponderar" a calidade das traducións
>  establecendo que materiais teñen máis fiabilidade: indicar se a MT é
>  fiable ou non e, se o é, en que grao, se debe revisarse con ollo
>  crítico ou non, etc. Paréceme que dentro da comunidade hai xente
>  dabondo para poder facer ese traballo e establecer unhas pautas
>  metodolóxicas á hora de reutilizar traballo.

É que eu onte crin oir o de montar un servidor de memorias só cas
traducións validadas e meteume algo de medo. Pode que non sexa
conveniente mesturar unhas cas outras, pero a maior parte das
traducións non están validadas... Por certo, que creo que se me
escapou na miña lista persoal. O servidor TM debería ter a opción de
que usuarios rexistrados poidan enviar as traducións que lle peten ó
servidor para que as incorpore, xa que é incrible a cantidade de
traducións que hai esparexidas por toda a rede.

>   >>     - o que se dixo de montar un sistema de votación de termos tipo
>  meneame é factible e sería útil?? deixamos logo de colaborar ca
>  comunidade de terminoloxia establecida(lexiterm)?? crease este novo
>  servizo coma unha ferramenta que lles podemos ofrecer??
>
>  ## Non creo que sexan ferramentas exclusivas. Unhas pretenden
>  establecer consensos internos e outras buscar segundas opinións ·como
>  pode ser o caso de Lexiterm ou a rolda de Terminoloxía do Consello da
>  Cultura, p. ex.·.

A parte da relación co mundo da terminoloxía ainda non o vexo moi
claro agás por que xa mesmo os voluntarios deberiamonos apuntar nunha
ou dúas listas das que se falou no g11n. Por certo, ainda teño que
facelo...

>   >>     - Hai mais empresas de tradución coma imaxin, por que non viñeron??
>  estaban invitadas??
>
>  ## Estiven presente e non sei se había alguén de imaxin na xuntanza.
>  En calquera caso, había empresas coma Tagen Ata ou Reverso que si
>  interviñeron e participaron activamente con contribucións
>  construtivas (ou esa é a impresión que eu tiven).

Xa apareceu unha persoa de Imaxin explicando por que non puido vir.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a