-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Ben, antes de nada, felicitar a todos os asistentes ás xornadas do fin 
de semana pasado. Ós que estaban do lado da organización polo bo 
traballo de coordinación e ós que estaban do lado da participación pola 
cantidade de cousas faladas, aprendidas, aportadas e comparadas, tando 
dende o mundo profesional como o do voluntariado. E a ambos por, 
finalmente, dar un primeiro paso conxunto.

Como se falou durante as xornadas de xeitos de atraer a voluntarios, 
relacionalos e aplicarlles karma e esas cousas, penso que este tipo de 
cousas son armas de doble filo que debemos coidar. Por unha banda, 
tenden a segregar e facer supostas élites creando loitas internas entre 
os membros e por outra, poden provocar certo rexeitamento para a 
inclusión externa cando se observa que hai un grupo interno xa formado 
(hai algún sociólogo na sala?). Para exemplo, pensar canta xente que 
sabía do encontro deste fin de semán, non se /atrevería/ a vir?

En calquera caso, hai ferramentas pola rede (dolphin, elgg, 
peopleaggregator, phpizabi,... [*]) do estilo myspace ou facebook que 
tal vez resulte interesante incorporar para estas cousas. Ainda non hai 
unha rede social dende Galiza e para a xuventude galega coma a xente, 
pero isto... xa é outra historia. E ademáis son ferramentas, ainda sen 
traducir.

Pero o que sí considero interesante é o de consolidar espazos de 
traballo conxuntos e espazos de traballo para distintos grupos, todos 
eles naturalmente, en entorno web. Parte do programa do domingo 
consistía en distribuir algunhas destas cousas e ó final non quedou en 
nada, pero ferramentas de egroupware, poden ser beneficiosas para 
coordinar traballo de voluntariado de traducción en multitude de 
proxectos. A forxa tamén pode ser un exemplo e incluso ó mellor podería 
utilizarse tamén para isto. Permite aplicar roles e intercomunicar dun 
xeito eficiente ós membros, ademáis de centralizar.

Finalmente, ter en conta que vai seguir existindo xente (voluntarios... 
e probablemente empresas) que non se verán vinculados a este proxecto. 
Ben por falta de interese, por falta de identificación con esta 
historia, por pensar que isto pode comprometer, etc. Pero o que debemos 
evitar ante todo é que sexa por falta de coñecemento.

Creo que como punto inicial de recoñecemento, ainda que tal vez haberá 
que agardar a que haxa algo máis serio e firme, para que a vinculación 
sexa máis atrainte, podería ser a utilización do sistema de baners de 
toda a vida. Lembrei a idea de punto.gal ou de apoio a Díaz Pardo e unha 
imaxe deste estilo, na esquina das páxinas/blogs/wikis/... de moitos dos 
traductores (pódese aproveitar o feito con "Eu traduzo o teu software), 
pode ser un bo punto de partida.

Vouno deixar aquí, que penso que xa falei o suficiente.

- -----------------
[*] Por se alguén ten curiosidade, hai meses estiben argallando nestas 
cousas e pódense ver exemplos en:
http://argalladas.adorfunteca.org/dolphin/
http://argalladas.adorfunteca.org/elgg/
http://argalladas.adorfunteca.org/peopleaggregator/
http://argalladas.adorfunteca.org/phpizabi/

- --
Amador Loureiro Blanco -dorfun- http://www.adorfunteca.org
-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.6 (GNU/Linux)

iD8DBQFIKLlbWO+bHOUHl3MRAlzdAJ44wgkBlVT/0DHfz3Pxr6UgOMTayACguSTd
tMGhX8+Y+oeUFp3X4LdALx4=
=py4z
-----END PGP SIGNATURE-----

-- 
Amador Loureiro Blanco -dorfun- http://www.adorfunteca.org


Reply via email to