2008/5/12 Amador Loureiro Blanco <dorfun en adorfunteca.org>:
> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
> Hash: SHA1
> Como se falou durante as xornadas de xeitos de atraer a voluntarios,
> relacionalos e aplicarlles karma e esas cousas, penso que este tipo de
> cousas son armas de doble filo que debemos coidar. Por unha banda,
> tenden a segregar e facer supostas élites creando loitas internas entre
> os membros e por outra, poden provocar certo rexeitamento para a
> inclusión externa cando se observa que hai un grupo interno xa formado
> (hai algún sociólogo na sala?). Para exemplo, pensar canta xente que
> sabía do encontro deste fin de semán, non se /atrevería/ a vir?

Isto sempre pasa. A xente fuxe. Nos últimos proxectos que collín xa
habia tradutores anteriores e por dicilo dalgún xeito, deixáronme a
min o marrón, en parte porque non lles interesa, en parte porque non
dispoñen de tempo e en parte porque pensan que son indignos de ser
tradutores voluntarios.

> En calquera caso, hai ferramentas pola rede (dolphin, elgg,
> peopleaggregator, phpizabi,... [*]) do estilo myspace ou facebook que
> tal vez resulte interesante incorporar para estas cousas. Ainda non hai
> unha rede social dende Galiza e para a xuventude galega coma a xente,
> pero isto... xa é outra historia. E ademáis son ferramentas, ainda sen
> traducir.

No Facebook está o grupo Trasno, quen se queira apuntar benvido é.

> Pero o que sí considero interesante é o de consolidar espazos de
> traballo conxuntos e espazos de traballo para distintos grupos, todos
> eles naturalmente, en entorno web. Parte do programa do domingo
> consistía en distribuir algunhas destas cousas e ó final non quedou en
> nada, pero ferramentas de egroupware, poden ser beneficiosas para
> coordinar traballo de voluntariado de traducción en multitude de
> proxectos. A forxa tamén pode ser un exemplo e incluso ó mellor podería
> utilizarse tamén para isto. Permite aplicar roles e intercomunicar dun
> xeito eficiente ós membros, ademáis de centralizar.

A verdade é que non sei exactamente que son as ferramentas sociais e
como pensades aplicalas...

> Finalmente, ter en conta que vai seguir existindo xente (voluntarios...
> e probablemente empresas) que non se verán vinculados a este proxecto.
> Ben por falta de interese, por falta de identificación con esta
> historia, por pensar que isto pode comprometer, etc. Pero o que debemos
> evitar ante todo é que sexa por falta de coñecemento.

Si, xa estou pensando en ir peneirando certos sitios da rede onde sei
que hai tradutores, ou información sobre eles, pero os exames xa se me
botan enriba...

> Creo que como punto inicial de recoñecemento, ainda que tal vez haberá
> que agardar a que haxa algo máis serio e firme, para que a vinculación
> sexa máis atrainte, podería ser a utilización do sistema de baners de
> toda a vida. Lembrei a idea de punto.gal ou de apoio a Díaz Pardo e unha
> imaxe deste estilo, na esquina das páxinas/blogs/wikis/... de moitos dos
> traductores (pódese aproveitar o feito con "Eu traduzo o teu software),
> pode ser un bo punto de partida.

Moi interesante. Terei que crear un blog ou algo para apoiar esta iniciativa :)

> Vouno deixar aquí, que penso que xa falei o suficiente.
>
> - -----------------
> [*] Por se alguén ten curiosidade, hai meses estiben argallando nestas
> cousas e pódense ver exemplos en:
> http://argalladas.adorfunteca.org/dolphin/
> http://argalladas.adorfunteca.org/elgg/
> http://argalladas.adorfunteca.org/peopleaggregator/
> http://argalladas.adorfunteca.org/phpizabi/

O que me falta é tempo, en canto o teña heille botar un ollo a estes temas.

Ata logo,
               Leandro Regueiro

Responderlle a