2008/5/22 Miguel Branco <mgl.branco en gmail.com>: > > Só para contextualizar, > > esa mensaxe nese bug, escribina nun momento no que se levaba xa non sei canto > tempo intentando que se aceptara a renuncia de Tarrio que formalmente o fixera > noutro bug e se aceptara a cordenación doutra persoa. É dicir, que hai máis > historia que a que reflicten eses bugs porque nese momento había dous ou tres > acerca da situación do galego que impedían que se formalizara unha nova > cordenación. Eses bugs que estaban abertos daquela a canda este non son quen > de atopalos, probablemente porque xa que foron pechados. Dígoo isto para que > se entenda que esa frustración era real e as miñas palabras non eran unha > sobreactuación. > > Algún no que me sinta con máis ganas e para que quede na historia do país > (loL) bucarei nos arquivos de mozilla-galician e intentarei fía-la historia.
Perder agora o tempo intentando contextualizar o problema este penso que é unha perda de tempo inmensa. Eu tería que peneirar varios milleiros de mensaxes para quedarme cas dúas ducias que veñen a conto. Ademais non todo foi mensaxes de correo, senón erros no bugzilla, e conversas por mensaxería instantánea... Penso que é máis importante poñerse a solucionar o problema canto antes. Ata logo, Leandro Regueiro