On Thursday 22 May 2008 19:07:56 Leandro Regueiro wrote:
> 2008/5/22 Miguel Branco <mgl.branco en gmail.com>:
> > Só para contextualizar,
> >
> > esa mensaxe nese bug, escribina nun momento no que se levaba xa non sei
> > canto tempo intentando que se aceptara a renuncia de Tarrio que
> > formalmente o fixera noutro bug e se aceptara a cordenación doutra
> > persoa. É dicir, que hai máis historia que a que reflicten eses bugs
> > porque nese momento había dous ou tres acerca da situación do galego que
> > impedían que se formalizara unha nova cordenación. Eses bugs que estaban
> > abertos daquela a canda este non son quen de atopalos, probablemente
> > porque xa que foron pechados. Dígoo isto para que se entenda que esa
> > frustración era real e as miñas palabras non eran unha sobreactuación.
> >
> > Algún no que me sinta con máis ganas e para que quede na historia do país
> > (loL) bucarei nos arquivos de mozilla-galician e intentarei fía-la
> > historia.
>
> Perder agora o tempo intentando contextualizar o problema este penso
> que é unha perda de tempo inmensa. Eu tería que peneirar varios
> milleiros de mensaxes para quedarme cas dúas ducias que veñen a conto.
> Ademais non todo foi mensaxes de correo, senón erros no bugzilla, e
> conversas por mensaxería instantánea...
>
> Penso que é máis importante poñerse a solucionar o problema canto antes.

Si, se estou d'acordo. A puntualización é para vós; para que o vexades en 
'perspectiva'. Non irlle contando a xente toda a leria esta. Era unha 
aclaración a nivel persoal.


Responderlle a