> No finde do 10-11 cadra o cumpre de mancomún; aproveitei ese facto pra > obter recursos e redirixilos cara o tema de localización. Nada nos > impide facer máis encontros no vran ou mesmo despois claro, pero outra > cousa é que se xunten as circunstancias positivas que temos diante para > que o tema saia ben. E evidentemente, ben sexa polo lugar ou polas > datas, sempre vai haber alguén que non poida; eso é algo co que temos > que contar. > > O finde seguinte é o día das letras: vai ser moi complicado conseguir un > espazo axeitado ese día. Ademais se algún finde vai ser complicado > loxísticamente para conseguir vós vai ser ese, que imos estar saturados > de eventos, ponentes, e xente de fora. Máis alá da segunda quincena de > novembro xa se tornaría imposibel até o vrao. Pensar nun evento no vrao > é boa cousa pero non impide seguir a traballar no evento do 10-11.
Estou de acordo tamén. Se non se consegue o quorum sempre se poderá volver intentar en verán. Despois da data do 10-11 proposta non pode ser ata o verán, iso que quede claro. Ata logo, Leandro Regueiro