¿Pódes relacionar algunha páxina na que se publique esta información?. É
para chuzala. Se non a hai, terei que facela. :)

O Lun, 26-02-2007 ás 11:15 +0100, Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> Ola a todos!
> 
> Ao longo desta semana vaise actualizar a ferramenta de tradución web de
> Ubuntu (Rosetta) para a tradución de Feisty (Ubuntu 7.04). A URL vai ser
> https://www.launchpad.net/ubuntu/feisty/+lang/gl.
> 
> Ademáis das cadeas propias, Ubuntu utiliza as traducións feitas nas
> aplicacións e nos paquetes orixinais con algún pequeno parche (polo
> momento en Rosetta non é posible diferenciar as cadeas propias das
> xenéricas).
> 
> Aproveito para pedirvos aos que sexades usuarios de Ubuntu a vosa axuda
> (especialmente na detección de erros, informando en
> ubuntu-l10n-gl en lists.ubuntu.com), e para agradecervos aos que realizades
> as traducións orixinais de GNOME, KDE, Xfce, Debian, Mozilla, etc. todo
> o traballo feito.
> 
> Un saúdo.
> 
> 
> 
> 
> 
> 
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
> 


Reply via email to