Si, queda claro

Corrixe:
que difiran con  → que difiran de

con respecto a match, cando funciona co sentido de buscar e atopar

Poderían tamén utilizarse " casar/non casar con" e dunha maneira xa moi
especializada do verbo "que (non) ocorran con"

A min concordar/discordar non me parece boa elección porque teñen sentido
conversacional. A parella "coincidir con / diferir de" paréceme ben pero
incluso era mellor "(non) / coincidir con"






O 10:59 do 7 de abril de 2018, Dani <d...@damufo.com> escribiu:

> Boas:
>
> Inciso, antese de preguntar todo isto estiven a pensar como traducir
> match/no match
> barallei: concordar/discordar e coincidir/deferir
> Cos coñecementos que teño, calquera das dúas opción pareceu válida, por
> optar por unha optei por coincidir/diferir
> Non sei se fixen ben.
>
> Volvendo ó asunto, estiven pensando o tema, e traducindo así:
>
> Opción 1
> Filter out items matching all of the following
> Filtrar os elementos que coincidan con todos os seguintes
>
> Opción 2
> Filter out items matching any of the following
> Filtrar os elementos que coincidan con calquera dos seguintes
>
> Opción 3
> Filter out items matching none of the following
> Filtrar os elementos que difiran con calquera dos seguintes
>
> Opción 4
> Filter out items matching not all of the following
> Filtra os elementos que difiran con todos os seguintes
>
> Tendo en conta isto
> Filtros/opcións
> Casos->      |   1      |  2           |  3            |
> filtro1      | coincide | no coincide  |  non coincide |
> filtro2      | coincide | coincide     |  non coincide |
> filtro3      | coincide | non coincide |  non coincide |
>
> Agora temos:
> opción 1  devolve resultado do caso 1
> opción 2 devolve resultado do caso 1 e do caso 2
> opción 3 devolve resultados do caso 2 e do caso 3 (o «or» era aquí non?)
> opción 4 devolve resultado do caso 3
>
> Agora penso que xa non hai dúbida.
>
> Dani
>
> On 06/04/18 23:14, Antón Méixome wrote:
> >
> >
> > O 21:39 do 6 de abril de 2018, mvillarino <mvillar...@gmail.com
> > <mailto:mvillar...@gmail.com>> escribiu:
> >
> >     Eu entendo que no caso 3 faise un  "ou" (or) cos filtros, e no
> >     caso 4  un "e" (and).
> >     Alias: é correcto "diferir con"?
> >
> >
> >
> > Estou de acordo con esta interpretación
> >
> > De todas maneiras, seguro que non haberá un erro no orixinal  3 (none
> > por one)
> >
> > DIFERIR
> >
> > Ten dous significados
> > - como transitivo rexe complemento directo (sen preposicións) =
> > atrasar: diferiron a declaración do inculpado
> > - como intransitivo rexe preposición DE = contrastar: diferiron da
> > declaración do inculpado
> >
> >
> >
> > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> > proxecto@trasno.gal
> > - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> > Trasno
> > - Cancelar a subscrición  no URL:
> > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1474&h=
> 1ea815295502734485d44485a9a03710b2d67b47&sa=1456165807
> >
>
>
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_
> unsubscribe=indeed&m=1483&h=763fdebabe9022f4c3f7d26212613f
> 4bd9b3f425&sa=201828280
>
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1485&h=1dcdc3b5b9dabf033d72c994ef93a8e4d71ad024&sa=573677374

Reply via email to