On Sat, Aug 15, 2020 at 12:16 PM Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com> wrote:

> Primeiro unas notas técnicas:
> (falando cun desenvolvedor de Gnome)
> Os popovers son, polo menos en Gtk, unha cuestión técnica debida a
> Wayland, son coma un popup, teñen a mesma funcion, pero non son unha xanela
> independente coma nos popups, senon que están pintados dentro da mesma
> xanela.
> Exemplo: nun menú despregábel, internamente créase unha nova xanela
> situada xusto debaixo da opción principal, pero nun popover, píntase na
> mesma xanela, de cara ó usuario son idénticos e responden igual, a
> diferencia é interna.
> Xa che digo que é unha cuestión puramente interna, polo menos en Gtk
>
> Parecevos que traduzamos igual que popup (xanela emerxente) ou
> decantámonos por algo diferente como «encarte»?
>
> Opinións???
>

na miña opinión xa que é unha cuestión técnica interna, se se tratar dun
documento técnico faria unha traducción máis específica engadindo termos ou
notas adicionais, no resto de documentos empregaría a mesma traducción que
popup

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7032&h=6e6a44b4a62aed96b6128e3bd95bee962321f4fb&sa=953511089

Reply via email to