1, Sobre a duración Propoño que as sesións sexan de non máis de 3 horas, por min ben poden ser dúa, unha de mañá 10.30 a 13.30 e outra de tarde 3.30/4.0 a 6.30/7.0
2. Sobre a orde Propoño que o secretario faga unha ordenación conforme ao interese amosado por cada termo + un chisco do seu criterio. (a cantidade de persoas que amosaron interese cando se propuxo) Ou facer unha enquisa en EUSurvey na que a xente puntúe de 1 a 10 a preferencia por cada termo (se son moitos termos pode ser mellor de 1 a 20) https://webgate.acceptance.ec.europa.eu/eusurvey/home/welcome (Nota: eu teño conta, por se fai falla, aínda que estaría ben que PT tivera a súa) Por se alguén non coñece EUSurvey. Pertence á Unión Europea con licenza EUPL (compatíbel GNU) «*Intellectual Property: Built by DG DIGIT and funded under the ISA, ISA² <https://ec.europa.eu/isa2/home_en/> and Digital Europe Programme <https://digital-strategy.ec.europa.eu/en/activities/digital-programme> (DIGITAL) EUSurvey is fully open source and published under the EUPL <https://joinup.ec.europa.eu/collection/eupl> licence. You can download the source code from GitHub: https://github.com/EUSurvey <https://github.com/EUSurvey>»* 3. Sobre o límite Non poría límite, seguramente haberá termos que resolvamos en poucos minutos e outros que levarán o seu. Chegar ata onde se poida procurando non enlearnos en bizantinismos. 4. Sobre a(s) datas Paréceme ben a folla no Framadate O ven., 19 de maio de 2023 ás 15:35, Adrian Chaves (<adr...@chaves.io>) escribiu: > Gustaríame ir preparando unha nova xornada de discusión terminolóxica. > Eu diría de chamala Trasnada, pero a diferenza de Trasnadas anteriores > isto sería por Internet e a única actividade sería a discusión > terminolóxica. > > De momento recollín en https://termos.trasno.gal/pendente/ unha lista de > ~550 discusións pendentes que saquei principalmente do glosario antigo, > do documento de discusión terminolóxica que mantiña Leandro, e das > listas de correo (mensaxes a partir da de clausura da Trasnada 13.0). > > Creo que os seguintes pasos serían: > 1. Buscar unha data para a xornada. > 2. Dar un tempo para que calquera achegue elementos de discusión > adicionais. > 3. Ordenar as discusións por prioridade. > 4. Recadar información sobre as discusións que pensemos que poida dar > tempo a abordar. > > O paso 1 pode facerse en paralelo ao resto. > > Pero estaría ben poñernos de acordo en algunhas cousas. > > Antes de poñernos a buscar data (paso 1), habería que decidir: > - A duración: 4h? 8h mañá/tarde? > - O método de escolla. Estaba pensando nun Framadate con 12 fins de > semana, empezando 1 mes despois da data de creación do Framadate, e das > 3 mellores fins de semana, preparar un Framadate máis específico coas > opcións sábado/domingo mañá/tarde. Pero non sei se será demasiado > rebuscado. > > Antes de comezar co paso 2, estaría ben definir cando remata. Por > exemplo, que a xente vaia enviando achegas e tras 1 semana sen achegar > ninguén nada máis pasamos ao paso 3? Ou poñemos un tempo fixo? > > Antes de comezar co paso 3, habería que escoller como ordenamos as > discusións por prioridade. Ocórrenseme: > - Booleano: cada quen di o que quere tratar (+1). > - Tres estados: cada quen di o que quere (+1) e o que non (-1). > - Borda: cada quen di o que quere na orde na que o quere, e calcúlase > unha puntuación segundo iso. > > E antes do paso 4 habería que limitar o número de discusións sobre as > que recadar información. 100? Supoño que dependerá da duración que > escollamos para a xornada. > > E xa durante a propia xornada podemos decidir cando organizar a seguinte > xornada (aos 3/6/12 meses?), e cousas a cambiar no proceso se algo non > funcionou ben. > > Como o vedes? > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > proxecto@trasno.gal > - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL : > https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=11990&h=7d8883d8c83964e5e3c5289f8127915df003ea44&sa=742267002 > > > > > > > -- Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12009&h=5b44b87dcbcf611d347647efa3b5b626596d5878&sa=16150274 powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress, more information: https://wpmailster.com