Que tal este ODS para votar? 
https://cloud.librebit.com/s/f5SPWaMSAgaAXg4

On 2023-05-23 19:32, Adrian Chaves wrote:

> Sobre as datas, a miña idea é propoñer fins de semana en xullo, agosto 
> e setembro, asumindo que xuño pasareino pinchándovos a todos por 
> privado para que votedes no Framadate :) . Así que se setembro acae 
> mellor para a maioría sairá. E case mellor, máis tempo para preparar 
> termos.
> 
> Sobre a achega de elementos de discusión, estiven pensándoo mellor, e 
> realmente creo que non temos por que limitala no tempo. Se alguén 
> propón algo 1h antes da xuntanza, o único que pasará é que non se 
> tratará salvo que nos poñamos todos de acordo en cambiar os nosos 
> votos, e se o facemos, igual é que merece discutirse :).
> 
> O importante é que a xente comece a dar as súas prioridades canto 
> antes, porque cando me poña a reunir datos das discusións (fíos das 
> listas de correo, información de Trasnadas pasadas, datos de uso de 
> memorias de tradución) empezarei polas máis prioritarias, e non teño 
> pensado facelo coas 555, ou polo menos non co mesmo nivel de detalle.
> 
> Nese respecto, gústame moito a idea da folla de cálculo en Librebit, 
> podo preparala automaticamente coas 555 opcións, a xente pode enchela 
> facilmente, e podo adaptar automaticamente os datos introducidos ao 
> formato de YAML para que o resultado se reflicta na columna de 
> prioridade de https://termos.trasno.gal/pendente/ e así ver claramente 
> a orde resultante nesa páxina, que ademais é desde onde se poderá 
> acceder aos detalles de cada discusión (de momento só fixen unha proba 
> coa discusión ata/até, e só mostra os datos de uso das memorias de 
> tradución). De feito creo que cada quen vai poder decidir se puntúa do 
> 0 ao 100, do 0 ao 5, ou do 1 ao 554, e ao converter a YAML xa me 
> encargo de normalizalo para que o voto de todos valga o mesmo.
> 
> Sobre publicar a ligazón na canle de Telegram por ser máis privada… Ao 
> principio sooume raro, pero entendo o que dis. Non nos importa que o 
> lea calquera, pero non queremos permitir que calquera tolo entre e 
> cambie cousas a mala idea. Así que estou de acordo, avisamos pola lista 
> por se alguén non está no Telegram (nin lendo este parágrafo), e se 
> alguén non se quere meter no Telegram podemos pasarlle o URL por 
> privado.
> 
> On 2023-05-23 17:19, Jesús Amieiro wrote:
> 
> Ola
> 
> Creo que é unha idea moi interesante. Parabéns pola iniciativa, Adrián.
> 
> Respecto ao formato e da data da xornada (paso 1), paréceme máis 
> adecuado 2 xornadas de 4 horas, aínda que unha de 8 horas tamén sería 
> viable. Non sei se o queremos facer no verán, xa que moita xente estará 
> de vacacións e podería faltar. Ten sentido deixalo para setembro ou 
> comezamos xa en xuño/xullo? O método proposto, con 12 fins de semana, 
> dos cales se escollen os 3 mellores, e logo os intervalos de 4/8 horas, 
> paréceme adecuado.
> 
> Para a achega de elementos de discusión adicionais (paso 2), eu daría 
> un prazo fixo, que remataría 1/2 semanas antes da primeira xornada.
> 
> Para ordenar as discusións por prioridade (paso 3), propoño un método 
> de pesos: cada usuario pode valorar X elementos (digamos que 100), e 
> vaille dando un peso a cada elemento, desde o 1 ao 100. Logo súmanse 
> todos e xa temos todo ordenado.
> 
> Que tecnoloxía imos usar para todo isto? Creo que unha folla de cálculo 
> na nube que nos cede Librebit podería ser adecuada, xa que é moi 
> sinxela de usar e flexible. Só publicaríamos a ligazón na canle de 
> Telegram, xa que é máis privada que a lista de correo. Sobre o uso de 
> EUSurvey, non sei se complica moito o traballo... O YALM creo que tamén 
> pouco usable.
> 
> Sobre a obtención de información (paso 4), deberíamos ter claro cando 
> se peche o paso 3 a cantidade de termos que imos analizar, para evitar 
> traballar en balde.
> 
> A próxima xornada decidiríaa no mesmo evento, así como as melloras que 
> podemos levar a cabo.
> 
> Saúdos
> 
> Jesús Amieiro Becerra
> 
> El mar, 23 may 2023 a las 9:32, Adrian Chaves (<adr...@chaves.io>) 
> escribió:
> 
> https://gitlab.com/trasno/termos/-/blob/development/pendente/votos.yaml
> 
> On 2023-05-22 23:10, Adrian Chaves wrote:
> 
> EUSurvey ten moi boa pinta, pero non vexo forma fácil (sen web 
> scraping) de automatizar a creación do formulario, e non me vexo 
> metendo 555 preguntas a man.
> 
> Creo que acabamos antes se cada quen manda, aquí á lista ou a min, o 
> que quere discutir e a orde na que o quere discutir, o poño nun YAML en 
> https://gitlab.com/trasno/termos/, e fago que se engada unha columna a 
> https://termos.trasno.gal/pendente/ coa puntuación.
> 
> On 2023-05-22 09:43, Miguel Bouzada wrote:
> 
> 1, Sobre a duración
> 
> Propoño que as sesións sexan de non máis de 3 horas, por min ben poden 
> ser dúa, unha de mañá 10.30 a 13.30 e outra de tarde 3.30/4.0 a 
> 6.30/7.0
> 
> 2. Sobre a orde
> 
> Propoño que o secretario faga unha ordenación conforme ao interese 
> amosado por cada termo + un chisco do seu criterio.
> (a cantidade de persoas que amosaron interese cando se propuxo)
> Ou facer unha enquisa en EUSurvey na que a xente puntúe de 1 a 10 a 
> preferencia por cada termo (se son moitos termos pode ser mellor de 1 a 
> 20) https://webgate.acceptance.ec.europa.eu/eusurvey/home/welcome 
> (Nota: eu teño conta, por se fai falla, aínda que estaría ben que PT 
> tivera a súa)
> 
> Por se alguén non coñece EUSurvey. Pertence á Unión Europea con licenza 
> EUPL (compatíbel GNU)
> «_Intellectual Property: Built by DG DIGIT and funded under the ISA, 
> ISA² [1] and Digital Europe Programme [2] (DIGITAL) EUSurvey is fully 
> open source and published under the EUPL [3] licence. You can download 
> the source code from GitHub: https://github.com/EUSurvey»_
> 
> 3. Sobre o límite
> 
> Non poría límite, seguramente haberá termos que resolvamos en poucos 
> minutos e outros que levarán o seu. Chegar ata onde se poida procurando 
> non enlearnos en bizantinismos.
> 
> 4. Sobre a(s) datas
> 
> Paréceme ben a folla no Framadate
> 
> O ven., 19 de maio de 2023 ás 15:35, Adrian Chaves (<adr...@chaves.io>) 
> escribiu: Gustaríame ir preparando unha nova xornada de discusión 
> terminolóxica.
> Eu diría de chamala Trasnada, pero a diferenza de Trasnadas anteriores
> isto sería por Internet e a única actividade sería a discusión
> terminolóxica.
> 
> De momento recollín en https://termos.trasno.gal/pendente/ unha lista 
> de
> ~550 discusións pendentes que saquei principalmente do glosario antigo,
> do documento de discusión terminolóxica que mantiña Leandro, e das
> listas de correo (mensaxes a partir da de clausura da Trasnada 13.0).
> 
> Creo que os seguintes pasos serían:
> 1. Buscar unha data para a xornada.
> 2. Dar un tempo para que calquera achegue elementos de discusión
> adicionais.
> 3. Ordenar as discusións por prioridade.
> 4. Recadar información sobre as discusións que pensemos que poida dar
> tempo a abordar.
> 
> O paso 1 pode facerse en paralelo ao resto.
> 
> Pero estaría ben poñernos de acordo en algunhas cousas.
> 
> Antes de poñernos a buscar data (paso 1), habería que decidir:
> - A duración: 4h? 8h mañá/tarde?
> - O método de escolla. Estaba pensando nun Framadate con 12 fins de
> semana, empezando 1 mes despois da data de creación do Framadate, e das
> 3 mellores fins de semana, preparar un Framadate máis específico coas
> opcións sábado/domingo mañá/tarde. Pero non sei se será demasiado
> rebuscado.
> 
> Antes de comezar co paso 2, estaría ben definir cando remata. Por
> exemplo, que a xente vaia enviando achegas e tras 1 semana sen achegar
> ninguén nada máis pasamos ao paso 3? Ou poñemos un tempo fixo?
> 
> Antes de comezar co paso 3, habería que escoller como ordenamos as
> discusións por prioridade. Ocórrenseme:
> - Booleano: cada quen di o que quere tratar (+1).
> - Tres estados: cada quen di o que quere (+1) e o que non (-1).
> - Borda: cada quen di o que quere na orde na que o quere, e calcúlase
> unha puntuación segundo iso.
> 
> E antes do paso 4 habería que limitar o número de discusións sobre as
> que recadar información. 100? Supoño que dependerá da duración que
> escollamos para a xornada.
> 
> E xa durante a propia xornada podemos decidir cando organizar a 
> seguinte
> xornada (aos 3/6/12 meses?), e cousas a cambiar no proceso se algo non
> funcionou ben.
> 
> Como o vedes?
> 
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
> proxecto@trasno.gal
> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición no URL : 
> https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=11990&h=7d8883d8c83964e5e3c5289f8127915df003ea44&sa=742267002
> 
> 
> 
> --
> 
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» 
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
> 
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto 
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: 
> https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12009&h=0d414cda8ccb3f239cafaa4021568021768d1510&sa=1613627735
> 
> powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for 
> WordPress, more information: https://wpmailster.com

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
proxecto@trasno.gal
- Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto 
Trasno
- Cancelar a subscrición  no URL: 
https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12025&h=0f9ae004c506643fa21cac4b3bd0daff9e6222f6&sa=1351403417

powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for 
WordPress, more information: https://wpmailster.com

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
proxecto@trasno.gal
- Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto 
Trasno
- Cancelar a subscrición  no URL: 
https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12031&h=85e6a2c1d5dfd52d83f0353121f7c061bfa905fe&sa=704933936

powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for 
WordPress, more information: https://wpmailster.com

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
proxecto@trasno.gal
- Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto 
Trasno
- Cancelar a subscrición  no URL: 
https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12035&h=60f913fafb98f0a700bdc920ae66864f3534aec7&sa=1340594710

powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for 
WordPress, more information: https://wpmailster.com



Links:
------
[1] https://ec.europa.eu/isa2/home_en/
[2] 
https://digital-strategy.ec.europa.eu/en/activities/digital-programme
[3] https://joinup.ec.europa.eu/collection/eupl
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12039&h=69f040bb9b76e5561b90c424809204ae5fb18418&sa=222109856




powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress, more 
information: https://wpmailster.com

Responderlle a