Ola

Creo que é unha idea moi interesante. Parabéns pola iniciativa, Adrián.

Respecto ao formato e da data da xornada (paso 1), paréceme máis adecuado 2
xornadas de 4 horas, aínda que unha de 8 horas tamén sería viable. Non sei
se o queremos facer no verán, xa que moita xente estará de vacacións e
podería faltar. Ten sentido deixalo para setembro ou comezamos xa en
xuño/xullo? O método proposto, con 12 fins de semana, dos cales se escollen
os 3 mellores, e logo os intervalos de 4/8 horas, paréceme adecuado.

Para a achega de elementos de discusión adicionais (paso 2), eu daría un
prazo fixo, que remataría 1/2 semanas antes da primeira xornada.

Para ordenar as discusións por prioridade (paso 3), propoño un método de
pesos: cada usuario pode valorar X elementos (digamos que 100), e vaille
dando un peso a cada elemento, desde o 1 ao 100. Logo súmanse todos e xa
temos todo ordenado.

Que tecnoloxía imos usar para todo isto? Creo que unha folla de cálculo na
nube que nos cede Librebit podería ser adecuada, xa que é moi sinxela de
usar e flexible. Só publicaríamos a ligazón na canle de Telegram, xa que é
máis privada que a lista de correo. Sobre o uso de EUSurvey, non sei se
complica moito o traballo... O YALM creo que tamén pouco usable.

Sobre a obtención de información (paso 4), deberíamos ter claro cando se
peche o paso 3 a cantidade de termos que imos analizar, para evitar
traballar en balde.

A próxima xornada decidiríaa no mesmo evento, así como as melloras que
podemos levar a cabo.

Saúdos

Jesús Amieiro Becerra

El mar, 23 may 2023 a las 9:32, Adrian Chaves (<adr...@chaves.io>) escribió:

> https://gitlab.com/trasno/termos/-/blob/development/pendente/votos.yaml
>
> On 2023-05-22 23:10, Adrian Chaves wrote:
>
> EUSurvey ten moi boa pinta, pero non vexo forma fácil (sen web scraping)
> de automatizar a creación do formulario, e non me vexo metendo 555
> preguntas a man.
>
> Creo que acabamos antes se cada quen manda, aquí á lista ou a min, o que
> quere discutir e a orde na que o quere discutir, o poño nun YAML en
> https://gitlab.com/trasno/termos/, e fago que se engada unha columna a
> https://termos.trasno.gal/pendente/ coa puntuación.
>
> On 2023-05-22 09:43, Miguel Bouzada wrote:
>
> 1, Sobre a duración
>
> Propoño que as sesións sexan de non máis de 3 horas, por min ben poden ser
> dúa, unha de mañá 10.30 a 13.30 e outra de tarde 3.30/4.0 a 6.30/7.0
>
> 2. Sobre a orde
>
> Propoño que o secretario faga unha ordenación conforme ao interese amosado
> por cada termo + un chisco do seu criterio.
> (a cantidade de persoas que amosaron interese cando se propuxo)
> Ou facer unha enquisa en EUSurvey na que a xente puntúe de 1 a 10 a
> preferencia por cada termo (se son moitos termos pode ser mellor de 1 a 20)
> https://webgate.acceptance.ec.europa.eu/eusurvey/home/welcome (Nota: eu
> teño conta, por se fai falla, aínda que estaría ben que PT tivera a súa)
>
> Por se alguén non coñece EUSurvey. Pertence á Unión Europea con licenza
> EUPL (compatíbel GNU)
> «*Intellectual Property: Built by DG DIGIT and funded under the ISA, ISA²
> <https://ec.europa.eu/isa2/home_en/> and Digital Europe Programme
> <https://digital-strategy.ec.europa.eu/en/activities/digital-programme>
> (DIGITAL) EUSurvey is fully open source and published under the EUPL
> <https://joinup.ec.europa.eu/collection/eupl> licence. You can download the
> source code from GitHub: https://github.com/EUSurvey
> <https://github.com/EUSurvey>»*
>
> 3. Sobre o límite
>
> Non poría límite, seguramente haberá termos que resolvamos en poucos
> minutos e outros que levarán o seu. Chegar ata onde se poida procurando non
> enlearnos en bizantinismos.
>
>
>
> 4. Sobre a(s) datas
>
> Paréceme ben a folla no Framadate
>
>
> O ven., 19 de maio de 2023 ás 15:35, Adrian Chaves (<adr...@chaves.io>)
> escribiu:
>
> Gustaríame ir preparando unha nova xornada de discusión terminolóxica.
> Eu diría de chamala Trasnada, pero a diferenza de Trasnadas anteriores
> isto sería por Internet e a única actividade sería a discusión
> terminolóxica.
>
> De momento recollín en https://termos.trasno.gal/pendente/ unha lista de
> ~550 discusións pendentes que saquei principalmente do glosario antigo,
> do documento de discusión terminolóxica que mantiña Leandro, e das
> listas de correo (mensaxes a partir da de clausura da Trasnada 13.0).
>
> Creo que os seguintes pasos serían:
> 1. Buscar unha data para a xornada.
> 2. Dar un tempo para que calquera achegue elementos de discusión
> adicionais.
> 3. Ordenar as discusións por prioridade.
> 4. Recadar información sobre as discusións que pensemos que poida dar
> tempo a abordar.
>
> O paso 1 pode facerse en paralelo ao resto.
>
> Pero estaría ben poñernos de acordo en algunhas cousas.
>
> Antes de poñernos a buscar data (paso 1), habería que decidir:
> - A duración: 4h? 8h mañá/tarde?
> - O método de escolla. Estaba pensando nun Framadate con 12 fins de
> semana, empezando 1 mes despois da data de creación do Framadate, e das
> 3 mellores fins de semana, preparar un Framadate máis específico coas
> opcións sábado/domingo mañá/tarde. Pero non sei se será demasiado
> rebuscado.
>
> Antes de comezar co paso 2, estaría ben definir cando remata. Por
> exemplo, que a xente vaia enviando achegas e tras 1 semana sen achegar
> ninguén nada máis pasamos ao paso 3? Ou poñemos un tempo fixo?
>
> Antes de comezar co paso 3, habería que escoller como ordenamos as
> discusións por prioridade. Ocórrenseme:
> - Booleano: cada quen di o que quere tratar (+1).
> - Tres estados: cada quen di o que quere (+1) e o que non (-1).
> - Borda: cada quen di o que quere na orde na que o quere, e calcúlase
> unha puntuación segundo iso.
>
> E antes do paso 4 habería que limitar o número de discusións sobre as
> que recadar información. 100? Supoño que dependerá da duración que
> escollamos para a xornada.
>
> E xa durante a propia xornada podemos decidir cando organizar a seguinte
> xornada (aos 3/6/12 meses?), e cousas a cambiar no proceso se algo non
> funcionou ben.
>
> Como o vedes?
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición no URL :
> https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=11990&h=7d8883d8c83964e5e3c5289f8127915df003ea44&sa=742267002
>
>
>
>
> 
>
>
>
> --
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL:
> https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12009&h=0d414cda8ccb3f239cafaa4021568021768d1510&sa=1613627735
>
>
>
>
>
> powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress,
> more information: https://wpmailster.com
>
>
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL:
> https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12025&h=0f9ae004c506643fa21cac4b3bd0daff9e6222f6&sa=1351403417
>
>
>
>
>
> powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress,
> more information: https://wpmailster.com
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12031&h=13924b9f4f8a431f87231eeb386af30131a584d8&sa=364896307




powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress, more 
information: https://wpmailster.com

Responderlle a