2010/10/6 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>

> A min parecíame unha idea bonita como para apoiala, a xente é bastante
> rancia e ignorante de toda a cuestión de imaxe etc así que eu obviaría ese
> tema.


Ben, aquí entra a nosa obriga didactica, digamoslles que non podemos (como
grupo) apoiar un uso "privatizado" da cultura, que é propiedade de todos e
que a instrumentalización "privatizadora" non merece o noso apoio.

 Por outra parte, eles empregan o galego corrixido por ferramentas
privativas e chegan a dicir que os erros son "os normais dos tradutores
electrónicos", cousa que non é certo, son erros dun determinado tradutor
"privativo".

Por todo isto (e outras cousas máis persoais) considero que como grupo non
debemos apoialo, a nivel individual que cada quen faga o que mellor lle
pareza. É máis, a campaña require a intervención de individuos illados, xa
que se trata de "spamear" (?) durante unha hora en twitter cun determinado
"tag", polo que o grupo non pode ir máis aló de recomendar e, que como digo,
non deberemos apoiar campañas que veñen de quen ten un concepto privatizador
da cultura.


> Visto que non hai quorum, deixamos esto de lado.
>
> 2010/10/6 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
>
>> 2010/10/6 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>
>>
>> Esta acción non ten nada que ver coa tradución de aplicativos. Trátase
>>> máis dunhas das poucas accións de defender un idioma, de forma distinta
>>> á nosa, SI, pero non por iso sen falta de valor.
>>>
>>
>> Insisto, non é que non teña valor, pero certamente apoia o galego dende
>> uns principio demasiado alleos a Trasno como para apoiala como asociación.
>> Pero podemos apoiala individualmente alén diso. Reitérome ao exemplo de
>> Windows.
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a