> Eu persoalmente colaborarei porque me parece moi xusto para  a nosa
> lingua.
>

Non o poño en dúbida.


> De todas formas ¿isto significa que calquera iniciativa aínda que veña
> da corrente política que veña vai ser vetada polo mero feito de non
> seguir os cánones do software libre?
>

Non vexo por que Trasno vai apoiar algo que non segue os cánones do software
libre. E tal e como plantexas a pregunta parece que suxires a posibilidade
de ignorar ese feito ante certas correntes políticas, o que tampouco, a
corrente non influirá en apoiar ou non.

Estou seguro de que existen grupos e asociacións de defensa do galego aos
que non lles importa a filosofía do software libre, e que por tanto serían
os axeitados para apoiar de maneira colectiva unha proposta destas
características.

Conste que eu son totalmente partidario do software libre e cultura
> libre, para iso estou traducindo en GNOME, Ubuntu, Translation Project,
> estou traballando na Oficina de Software Libre da USC implantando
> sistemas libres en detrimento do sistema operante das sete letras (aoga
> estamos case no 40% para o GNU/Linux), e nas, poucas, horas libres dou
> relatorios de software libre por Galiza.
> Non credes que nos estamos convertindo nun aparello demasiado estático e
> cicáis demasiado instrumentado.
>

Cando cambiaron os obxectivos de Trasno?


> Queres dicir con isto que o uso de imaxes privativas convirte entón o
> idioma, que tenta difundir esta acción social, en "cultura privatizada"?
>

Preguntas se os contidos privativos dunha acción social se consideran
privativos?

Vou deixar de discutir en discusións que ao final non levan a nada.
> Porén, non me parece xusto que cos ataques e pouco apoio institucional
> que está tendo a nosa lingua tentemos "privatizar" accións que, aínda
> que non sigan _estritamente_ os nosos gustos, poidan ser de moita axuda
> á difusión do noso/meu amado idioma GALEGO. Aínda que non todos saibamos
> escribilo ou falalo correctamente.
>

Non entendo a que te refires con “privatizar” unha acción, o que facemos e
non apoiala como asociación ligada as principios do software libre, nin
tampouco rexeitala. E non é que non sigan estreitamente a nosa ideoloxía
(“gustos”?), senón que non a seguen para nada. Que falando do tema, podías
mandarlles un correo electrónico ao respecto, a ver se o pensan mellor.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a