Ola, Xa temos modificada data co concello de Ordes: queda para o día 16/10. Síntoo polos que non podes vir co cambio de data :(
En canto ao evento, agora mesmo penso que só podemos pagar o xantar dos que veñades, a cea non. Todos os que queirades quedarvos a cear, poñemos cada un do noso peto e busco sitio. Se alguén necesita aloxamento para esa noite búscolle lugar (barato e decente), que correría ao seu cargo. Respecto de lugar e como chegar: -O tren por Ordes pasa a 7km, hai estación. Se alguén vai usar isto avisádeme con tempo antes para recollervos na estación. - Hai autobuses cada hora entre Santiago-Coruña que vos deixan en Ordes. Horarios: - de 11h a 14h - descanso para comer de 14h a 16h - de 16h a 20h Por favor, vide todos os que andades pola lista e confirmade asistencia antes do día 12 preferiblemente. Saúdos!
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto