Poderiamos adiantar todo unha hora para que os que vamos dende Vigo poidamos
asistir a toda a xuntanza ?



2010/10/7 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>

> Ola,
>
> Xa temos modificada data co concello de Ordes: queda para o día 16/10.
> Síntoo polos que non podes vir co cambio de data :(
>
> En canto ao evento, agora mesmo penso que só podemos pagar o xantar dos que
> veñades, a cea non. Todos os que queirades quedarvos a cear, poñemos cada un
> do noso peto e busco sitio. Se alguén necesita aloxamento para esa noite
> búscolle lugar (barato e decente), que correría ao seu cargo.
>
> Respecto de lugar e como chegar:
> -O tren por Ordes pasa a 7km, hai estación. Se alguén vai usar isto
> avisádeme con tempo antes para recollervos na estación.
> - Hai autobuses cada hora entre Santiago-Coruña que vos deixan en Ordes.
>
> Horarios:
> - de 11h a 14h
> - descanso para comer de 14h a 16h
> - de 16h a 20h
>
> Por favor, vide todos os que andades pola lista e confirmade asistencia
> antes do día 12 preferiblemente.
>
> Saúdos!
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a