Leandro Regueiro:
> 2010/10/9 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> > Para os primeiros termos atopei unha solución que me convence:
> > 
> > mace → maza (esta xa estaba establecida, pero tíveno en conta para a
> > decisión)
> > flail → mallo
> > morning star → mazo
> 
> O de mazo igual non é boa idea. Cando estivera investigando o tema
> este considerei ir a algún museo onde expuxeran armas antigas, pero ao
> final non fun. En todo caso "morning star" non é mazo.

Entendo por http://en.wikipedia.org/wiki/Morning_star_(weapon) e 
http://es.wikipedia.org/wiki/Lucero_del_alba_(arma) que é unha maza cunha 
cabeza xeralmente esférica e con pinchos, e que en España non chegou a 
diferenciarse do resto de mazas en cuestións terminolóxicas. De feito “lucero 
del alba” é un calco (ou como se chamen estas “traducións directas”). A falta 
dun termo específico en galego (que se o hai será tamén unha “tradución 
directa”), mellor aproveitar que temos varios sinónimos de maza e usar un 
distinto para cada unha das do xogo, non?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a