2010/10/10 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> Leandro Regueiro:
>> 2010/10/9 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
>> > Para os primeiros termos atopei unha solución que me convence:
>> >
>> > mace → maza (esta xa estaba establecida, pero tíveno en conta para a
>> > decisión)
>> > flail → mallo
>> > morning star → mazo
>>
>> O de mazo igual non é boa idea. Cando estivera investigando o tema
>> este considerei ir a algún museo onde expuxeran armas antigas, pero ao
>> final non fun. En todo caso "morning star" non é mazo.
>
> Entendo por http://en.wikipedia.org/wiki/Morning_star_(weapon) e
> http://es.wikipedia.org/wiki/Lucero_del_alba_(arma) que é unha maza cunha
> cabeza xeralmente esférica e con pinchos, e que en España non chegou a
> diferenciarse do resto de mazas en cuestións terminolóxicas. De feito “lucero
> del alba” é un calco (ou como se chamen estas “traducións directas”). A falta
> dun termo específico en galego (que se o hai será tamén unha “tradución
> directa”), mellor aproveitar que temos varios sinónimos de maza e usar un
> distinto para cada unha das do xogo, non?

Tes razón. A arma que describin ("mango do que pendura unha cadea que
remata nunha bóla con pinchos") aparece na Wikipedia como unha especie
de mallo http://en.wikipedia.org/wiki/Flail_%28weapon%29#History Non
me decatara ata agora de que na Wikipedia hai dúas entradas de
"flail": a do apeiro de labranza e a da arma, e que teñen feituras
diferentes. Perdón por liar.

Aínda así non me gusta o de chamarlle mazo. Pero se non se atopa unha
tradución mellor... A única solución que se me ocorre así rápido é ir
a http://www.museosdegalicia.com/ e intentar buscar un museo no que
teñan colección de armas medievais.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a