Desculpádeme se se me nota un chisco irritado co que se fai cos cartos
públicos pero é que acabo de ler isto

Windows 7, Windows Live e Office 2010 en galego
Finalmente, aproveitou a ocasión para anunciar a próxima presentación
das actualizacións en galego dos produtos da empresa Microsoft: o
sistema operativo Windows 7, o paquete ofimático Office 2010 e a
plataforma Live.

Todo isto vén demostrar, unha vez máis, que a tecnoloxía, as ciencias
e calquera outro ámbito do saber e do coñecemento se pode (e de feito)
se está a construír en lingua galega, concluíu Anxo Lorenzo.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar8523.html


2010/11/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2010/11/2 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> 2010/11/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>> 2010/11/2 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>> 2010/11/2 Javier Pico <fjpa.fazo...@gmail.com>:
>>>>>
>>>>>
>>>>> 2010/11/2 marcoslansga...@gmail.com <marcoslansga...@gmail.com>
>>>>>>
>>>>>> Appointment e meeting están traducidos ambos os dous como 'Cita' no
>>>>>> evolution. Que pensades de traducir appointment como 'cita' e meeting
>>>>>> como 'reunión'??
>>>>>
>>>>> +1
>>>>>
>>>
>>> +1
>>>
>>> Resumo da miña posición
>>>
>>> appointement - cita
>>> meeting - 1. reunión, encontro
>>>              2. mitin, acto político
>>> event - 1. actividade, actuación
>>>           2. evento
>>>
>>>
>>>
>>> Quizais «meeting» como «encontro» acaia mellor nalgúns contextos.
>>> Quero dicir que se podería manter un dobrete reunión/encontro.
>>
>> Independentemente de se as dúas son válidas penso que sería preferible
>> usar unha soa.
>>
>>>>> Parécenme correctas esas traducións que propós.
>>>>
>>>> Despois de facer números e consultar as opcións escolleitas nos
>>>> glosarios parece que o que se fai e se recomenda é o que ti dis.
>>>>
>>>>>> Tamén event aparece unhas veces como 'evento' e outras como
>>>>>> 'actividade', non encontro ningún acordo sobre isto, por cal opto??
>>>>>>
>>>
>>> Respecto de «event» traducido como «evento» ten certas arestas, porque
>>> tanto en galego como en castelán os seus valores non son tan amplos
>>> coma no inglés. Moitos autores consideran un anglicismo inaceptable,
>>> un falso amigo, o de «evento» significando "calquera cousa". En galego
>>> refire circunstancias extraordinarias, non planificadas ou
>>> inesperadas. En español, os usos parellos aos do inglés son
>>> considerados americanismos... xa sabemos por qué.
>>>
>>> [gl]
>>> eventos.m. 1. Suceso posible. Cómpre estar preparados para calquera
>>> evento. 2. Cousa que sucede. Foi todo un evento para a vila a visita
>>> real. SIN. acontecemento, suceso.
>>>
>>> [en]
>>> Event can refer to many things such as:
>>>
>>>    * A phenomenon, any observable occurrence, or an extraordinary occurrence
>>>
>>> A type of gathering:
>>>
>>>    * A ceremony, for example, a marriage
>>>    * A competition, for example, a sports competition
>>>    * A convention (meeting)
>>>    * A happening, a performance or situation meant to be considered as art
>>>    * A festival, for example, a musical event
>>>    * A media event, a happening that attracts coverage by mass media
>>>    * A party
>>>    * A sporting event
>>>
>>> [es]
>>> Di a RAE
>>>
>>> evento.
>>>
>>> (Del lat. eventus).
>>>
>>> 1. m. acaecimiento.
>>>
>>> 2. m. Eventualidad, hecho imprevisto, o que puede acaecer.
>>>
>>> 3. m. Cuba, El Salv., Méx., Perú, Ur. y Ven. Suceso importante y
>>> programado, de índole social, académica, artística o deportiva.
>>>
>>> Pero,
>>>
>>> Por exemplo, no Diccionario de usos y dudas del español actual, do
>>> mestre José Martínez de Sousa, auténtica autoridade na norma escrita
>>> do español:
>>>
>>> «... Es impropiedad aplicar esta palabra a sucesos previstos y
>>> preparados. Obsérvese que la propia Academia lo define como
>>> eventualidad, es decir, lo que puede suceder o no. »
>>>
>>> [pt]
>>> evento
>>> s. m.
>>> 1. Acontecimento; sucesso.
>>> 2. Êxito.
>>>
>>>
>>> En resumo, en galego non é aceptable evento, en español, medianamente
>>> pero en xeral non; e en portugués tampouco... outra cousa é a moda
>>> actual en redes sociais, prensa, política, ... O mesmo se pode aplicar
>>> ao uso de «eventual» que hai quen xa o utiliza á maneira inglesa, co
>>> valor de algo definitivo, ou resultado final, cando o significado que
>>> nós lle damos é de algo que depende case dun azar fatal, accidental ou
>>> moi de circunstancias.
>>>
>>> Cando algo se programa é forma parte dun conxunto de actividades, é
>>> unha actividade... e para quen a realiza, tamén é unha actuación,
>>> desde un grupo de teatro a un xuíz. A diferencia entre
>>> actividade/actuación é o grao de formalidade, transcendencia ou
>>> responsabilidade, sempre máis acusado no caso de actuación, que por
>>> algo deriva de «acto».
>>>
>>> Iso por un lado. Polo outro está o uso como termo computacional, onde
>>> non hai ningún problema en consideralo unha acción ou mensaxe
>>> informativa entre o computador e o usuario. Ex. Os clics do rato e
>>> acción programada que executan, serían eventos do rato. Aquí sería
>>> unha adaptación do inglés «event» no ámbito da especialidade,
>>> perfectamente viable.
>>
>> Se entendín ben "evento" é aceptable para cousas como o dos eventos do
>> rato, pero non no contexto de "actos públicos" como a XGN ou algo así,
>> non? A verdade é que non estou seguro de telo entendido :)
>
>
> A XGN é un evento? Mancomún di que si... e RAG di que non
> http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/obradoiros-de-software-libre-na-xgn/
>
> É un acontecemento? non, é unha reunión anual, unha feira, unha festa,
> unha celebración, unha xoldra que alguén mantén como actividade
> ordinaria e onde actúan un bo feixe de actores, entre eles
> programadores culturais, xestores e xornalistas "contaminados" pola
> influencia do inglés e polo americanismo cool. Como lingüista non podo
> admitir que «evento» sexa terminoloxía necesaria dos medios de
> comunicación, así que censuro o seu mal uso. A moda esta non ten din
> 10 anos. E no caso da XGN, en bo inglés diríase «exhibition» que é ben
> máis preciso ...
>
> Un evento é o que lles pasou co de Málaga, a inesperada cancelación
> http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/a-libre-software-world-conference-celebrase-o-27-de-outubro-en-malaga/
>
> O clic do rato que abre unha páxina nunha lapela é un evento ? si e
> tameń calquera uso específico en programación, control de datos... en
> resumo é unha función
> http://www.springerlink.com/content/y2154583r2837270/
>
>
>
>
>>
>>>>> Supoño que, como en moitos outros casos, podes optar pola que mellor se
>>>>> axeite en cada ocasión.
>>>>
>>>> Pode que en contextos diferentes necesiten traducións diferentes.
>>>>
>>>> A próxima vez que envíes consultas sobre terminoloxía que o asunto da
>>>> mensaxe comece por "[Terminoloxía]", por favor.
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a