Súmome ás grazas de Fran polas túas aclaracións tan fundamentadas. O Mar, 02-11-2010 ás 23:05 +0100, Fran Dieguez escribiu: > Grazas polas túas aportacións Antón, sen dúbida a corrección das > traducións non sería o mesmo sen a túa figura e as túas contribucións. > > "Sucking dicks time" off. > -- > Fran Dieguez > Coordinator of Galician translators team of GNOME and Ubuntu > Trasno Association (www.trasno.net) > > O Mar, 02-11-2010 ás 22:08 +0100, Antón Méixome escribiu: > > 2010/11/2 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>: > > > 2010/11/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>: > > >> 2010/11/2 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>: > > >>> 2010/11/2 Javier Pico <fjpa.fazo...@gmail.com>: > > >>>> > > >>>> > > >>>> 2010/11/2 marcoslansga...@gmail.com <marcoslansga...@gmail.com> > > >>>>> > > >>>>> Appointment e meeting están traducidos ambos os dous como 'Cita' no > > >>>>> evolution. Que pensades de traducir appointment como 'cita' e meeting > > >>>>> como 'reunión'?? > > >>>> > > >>>> +1 > > >>>> > > >> > > >> +1 > > >> > > >> Resumo da miña posición > > >> > > >> appointement - cita > > >> meeting - 1. reunión, encontro > > >> 2. mitin, acto político > > >> event - 1. actividade, actuación > > >> 2. evento > > >> > > >> > > >> > > >> Quizais «meeting» como «encontro» acaia mellor nalgúns contextos. > > >> Quero dicir que se podería manter un dobrete reunión/encontro. > > > > > > Independentemente de se as dúas son válidas penso que sería preferible > > > usar unha soa. > > > > > >>>> Parécenme correctas esas traducións que propós. > > >>> > > >>> Despois de facer números e consultar as opcións escolleitas nos > > >>> glosarios parece que o que se fai e se recomenda é o que ti dis. > > >>> > > >>>>> Tamén event aparece unhas veces como 'evento' e outras como > > >>>>> 'actividade', non encontro ningún acordo sobre isto, por cal opto?? > > >>>>> > > >> > > >> Respecto de «event» traducido como «evento» ten certas arestas, porque > > >> tanto en galego como en castelán os seus valores non son tan amplos > > >> coma no inglés. Moitos autores consideran un anglicismo inaceptable, > > >> un falso amigo, o de «evento» significando "calquera cousa". En galego > > >> refire circunstancias extraordinarias, non planificadas ou > > >> inesperadas. En español, os usos parellos aos do inglés son > > >> considerados americanismos... xa sabemos por qué. > > >> > > >> [gl] > > >> eventos.m. 1. Suceso posible. Cómpre estar preparados para calquera > > >> evento. 2. Cousa que sucede. Foi todo un evento para a vila a visita > > >> real. SIN. acontecemento, suceso. > > >> > > >> [en] > > >> Event can refer to many things such as: > > >> > > >> * A phenomenon, any observable occurrence, or an extraordinary > > >> occurrence > > >> > > >> A type of gathering: > > >> > > >> * A ceremony, for example, a marriage > > >> * A competition, for example, a sports competition > > >> * A convention (meeting) > > >> * A happening, a performance or situation meant to be considered as > > >> art > > >> * A festival, for example, a musical event > > >> * A media event, a happening that attracts coverage by mass media > > >> * A party > > >> * A sporting event > > >> > > >> [es] > > >> Di a RAE > > >> > > >> evento. > > >> > > >> (Del lat. eventus). > > >> > > >> 1. m. acaecimiento. > > >> > > >> 2. m. Eventualidad, hecho imprevisto, o que puede acaecer. > > >> > > >> 3. m. Cuba, El Salv., Méx., Perú, Ur. y Ven. Suceso importante y > > >> programado, de índole social, académica, artística o deportiva. > > >> > > >> Pero, > > >> > > >> Por exemplo, no Diccionario de usos y dudas del español actual, do > > >> mestre José Martínez de Sousa, auténtica autoridade na norma escrita > > >> do español: > > >> > > >> «... Es impropiedad aplicar esta palabra a sucesos previstos y > > >> preparados. Obsérvese que la propia Academia lo define como > > >> eventualidad, es decir, lo que puede suceder o no. » > > >> > > >> [pt] > > >> evento > > >> s. m. > > >> 1. Acontecimento; sucesso. > > >> 2. Êxito. > > >> > > >> > > >> En resumo, en galego non é aceptable evento, en español, medianamente > > >> pero en xeral non; e en portugués tampouco... outra cousa é a moda > > >> actual en redes sociais, prensa, política, ... O mesmo se pode aplicar > > >> ao uso de «eventual» que hai quen xa o utiliza á maneira inglesa, co > > >> valor de algo definitivo, ou resultado final, cando o significado que > > >> nós lle damos é de algo que depende case dun azar fatal, accidental ou > > >> moi de circunstancias. > > >> > > >> Cando algo se programa é forma parte dun conxunto de actividades, é > > >> unha actividade... e para quen a realiza, tamén é unha actuación, > > >> desde un grupo de teatro a un xuíz. A diferencia entre > > >> actividade/actuación é o grao de formalidade, transcendencia ou > > >> responsabilidade, sempre máis acusado no caso de actuación, que por > > >> algo deriva de «acto». > > >> > > >> Iso por un lado. Polo outro está o uso como termo computacional, onde > > >> non hai ningún problema en consideralo unha acción ou mensaxe > > >> informativa entre o computador e o usuario. Ex. Os clics do rato e > > >> acción programada que executan, serían eventos do rato. Aquí sería > > >> unha adaptación do inglés «event» no ámbito da especialidade, > > >> perfectamente viable. > > > > > > Se entendín ben "evento" é aceptable para cousas como o dos eventos do > > > rato, pero non no contexto de "actos públicos" como a XGN ou algo así, > > > non? A verdade é que non estou seguro de telo entendido :) > > > > > > A XGN é un evento? Mancomún di que si... e RAG di que non > > http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/obradoiros-de-software-libre-na-xgn/ > > > > É un acontecemento? non, é unha reunión anual, unha feira, unha festa, > > unha celebración, unha xoldra que alguén mantén como actividade > > ordinaria e onde actúan un bo feixe de actores, entre eles > > programadores culturais, xestores e xornalistas "contaminados" pola > > influencia do inglés e polo americanismo cool. Como lingüista non podo > > admitir que «evento» sexa terminoloxía necesaria dos medios de > > comunicación, así que censuro o seu mal uso. A moda esta non ten din > > 10 anos. E no caso da XGN, en bo inglés diríase «exhibition» que é ben > > máis preciso ... > > > > Un evento é o que lles pasou co de Málaga, a inesperada cancelación > > http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/a-libre-software-world-conference-celebrase-o-27-de-outubro-en-malaga/ > > > > O clic do rato que abre unha páxina nunha lapela é un evento ? si e > > tameń calquera uso específico en programación, control de datos... en > > resumo é unha función > > http://www.springerlink.com/content/y2154583r2837270/ > > > > > > > > > > > > > >>>> Supoño que, como en moitos outros casos, podes optar pola que mellor se > > >>>> axeite en cada ocasión. > > >>> > > >>> Pode que en contextos diferentes necesiten traducións diferentes. > > >>> > > >>> A próxima vez que envíes consultas sobre terminoloxía que o asunto da > > >>> mensaxe comece por "[Terminoloxía]", por favor. > > > _______________________________________________ > > > Proxecto mailing list > > > Proxecto@trasno.net > > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > > > _______________________________________________ > > Proxecto mailing list > > Proxecto@trasno.net > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto