Ola Lucía.

Eu son Enrique Estévez, pero todos me coñecen por aquí por Keko, e son
o coordiandor do equipo de localización dos produtos de Mozilla ao
galego.

Eu aínda ando averiguando como funciona Mozilla e vendo como de
organizar o proxecto. Pero se che interesa traducir algunha páxina web
de Mozilla, sería moi sinxelo. Simplemente terías que empregar un
aplicativo chamado OmegaT e xa me encargaría eu de pasarche o proxecto
a traducir e un manual de como usar OmegaT (inclúe descarga e
instalación, e funciona en Windows, Linux e Mac).

Outra opción sería botar unha man para traducir páxinas ou proxectos
promocionais de Mozilla. A tradución sería vía web e ti farías
suxestións para as cadeas en inglés e despois, o coordinador
encargaríase de aprobalas.

Con respecto a interface, a cousa xa é máis complexa e por agora,
estou buscando como facelo.

Sé benvida e moitas grazas polo interese en colaborar coa comunidade.

Saúdos.


2011/10/3 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> Boas a todos!
>
> Olá
>
>> Agora a situación é un pouco a mesma. Eu son tradutora e non informática,
>> e preguntábame se talvez había algunha forma máis sinxela para eu poder
>> colaborar.
>
> Recoméndoche seguir o seguinte guiaburros:
>
> 1) escolle un "algo" no que colaborar, isto determinará: a)o formato de
> ficheiro a manexar, b) caseque seguro a ferramenta de cat a usar e c) como e
> de onde obter e remitir os ficheiros de l10n.
> 2) ponte en contacto coa xente que estexa a fozar neses proxectos,
> axudaránche dicíndoche o referente a c) e resolveranche as dúbidas con b) e
> a).
> 3) en trasno poderás obter directamente ou polo menos referencias a memorias
> de tradución e terminoloxía. Normalmente, a memoria de tradución obtense en
> software libre mediante as traducións anteriores do sofware ao que te vaias
> adicar !!!.
> 4) agora ven a parte de traducir, localizar ou como lle queiras chamar, e na
> que pouco que non saibas podería dicirche.
> finalmente, 5) entrega o traballo feito aos desenvolventes do software.
>
>
>
> --
> Usando el novísimo cliente de correo de Opera: http://www.opera.com/mail/
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a