Ola Susana.

Antes de nada benvida ao proxecto.

Eu son Enrique, todos me coñecen por Keko e nestes momentos son o
coordinador das traducións de Mozilla.

Para min o importante é saber que experiencias tes traducindo
software, é dicir, que aplictivos usas e sobre todo en que proxecto
queres colaborar. Se queres traducir en Mozilla, estarei encantado de
guiarte e terías que comezar por subscribirte a rolda do equipo galego
de mozilla.

O resto de compañeiros iránte saúdando e aconsellando por onde comezar
e nalgúns casos falándoche do proxecto que eles coordinan e como
poderías axudar.

Saúdos.

2011/12/21 Susana Brandariz <susana_branda...@hotmail.com>:
> Saúdos
>
> Gustaríame colaborar axudando na tradución dalgún proxecto (Ubuntu,
> Gnome...) polo que acabo de subscrimirme á lista e estiven botando unha
> ollada á documentación da páxina, sobre todo á Wiki aínda que algunhas
> ligazóns están rotas.
>
> Non entendo moi ben se debo solicitar que se me asigne unha tradución que
> non estea feita, ou facer primeiro unha "proba" para ser admitida, ou me
> teño que unir a un grupo, ou é mellor que me poña en contacto co
> coordinardor...
>
> A miña formación é máis ben lingüística (licenciada en tradución e filoloxía
> inglesa), aínda que a informática interésame de sempre e por iso agora estou
> facendo un ciclo superior de fp.
>
> Agardo que me poidades orientar no seguinte paso que teño que dar. Grazas
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a