Benvida Susana,

Tamén pode axudar que digas en que entorno de software che interesa
traballar. Pode ser que che "interese" meterlle o dente precisamente a
aquilo co que estás pouco familiarizada, por exemplo en ambiente
Linux, en complementos, xogos ou en aplicativos de consola, que sei
eu!  Ninguén naceu aprendido e menos aínda nisto.

Traducir é un forma magnífica de aprender a fondo o manexo dunha peza
de software ou un proxecto de desenvolvemento e precisamente os
coordinadores de proxecto podemos botarche unha man alí onde falte a
túa práctica.

- aplicativos web
- sistemas operativos
- aplicativos especializados e/ou multiplataforma

En concreto, a suite LibreOffice que eu coordino está perfectamente
aberta e hai unha chea de traballo por todos os lados (viría moi ben
unha man especialmente coa web e o wiki)
http://gl.libreoffice.org/home/

Tamén, xa que o citas, a penas hai uns días se abriu o período para
traducir a vindeira Ubuntu (unha LTS, edición con asistencia de longa
duración). É un clásico para comezar polo doado que é comezar a
colaborar (a través de launchpad.net).

https://translations.launchpad.net/ubuntu/precise/+lang/gl

Gnome tamén está moi ben como proxecto, aínda que "calculo" se
necesite máis a axuda en KDE (temos o 100% de Gnome fronte a un 76% de
KDE actualmente).

Ademais están os propios sistemas de Trasno (web, wiki, etc) onde
tamén sería de agradecer algunha dedicación para sermos máis
accesibles e útiles, como ti ben que notaches.

:-D

Ti mesma, dinos algo e xa verás que axiña estás no choio.



2011/12/21 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> Como di Keko, o mellor é que empeces por colaborar na tradución dun proxecto
> de software que ti mesma utilices a cotío, de xeito que contextualizar as
> cadeas de texto te sexa máis doado.
>
> Ti nomea un aplicativo que empregues e xa o seu coordinador se porá en
> contacto contigo para guiarte nos teus primeiros pasos.
>
> Calqueira dúbida, mensaxe á rolda! Benvida :)
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to