Boas

Pensaba en algo máis sinxelo para que as persoas usuarias o tivesen máis
fácil. Algo tipo formulario no que poñer un nome, un enderezo de correo (se
fose necesario), unha descrición do erro, o aplicativo/sistema co "erro"
(gnome/ubuntu/mozilla/LibreO/...) e  unha captura (se fose necesario). Sen
necesidade de rexistro e que, de poder, enviase un correo automatico á
persoa responsable do proxecto no que facer a corrección.

Como comento antes, penso que o fundamental é que as persoas que sinalen
posibles erros o teñan fácil e cómodo. Creo que se hai un rexistro de por
medio e un sistema no que se require seguimento ou moita acción posterior,
pode ser un atranco. A intención é que se alguén detecta algo raro, teña un
sitio no que sinalalo rapidamente e sen complicacións. Un xeito de achegar
o proceso de corrección a moitas persoas.

Pero pode que sexa pouco eficiente o sistema... non sei. Vou ser claro: eu
mesmo ás veces detecto algunha cadea rara e por "pereza" ou por non saber
moi ben a quen dirixir a mensaxe, deixo a cousa estar. Mea culpa! :)

Saúdos!

2012/3/7 Xose M <pikam...@gmail.com>

> ía responder a este tema co que está escrito máis abaixo, pero algo deste
> tipo pódese implementar utilizando unha infraestructura xa existente en
> Trasno.... O FORO. Non habería que ocuparse de nada máis que un
> administrador ir facendo limpeza cada certo tempo de erros/bugs repetidos e
> de problemas que non procede solucionar deste xeito.
> Nin bases de datos, nin formularios, nin novos apartados na web, nada. Xa
> está ahí o que fai falta.
>
>
>
>
>
> [o que escribira orixinalmente]
>
> algo que funcione no sitio web de Trasno? algo con un formulario onde
> recoller o erro e amosalo nunha lista onde unha vez alguén (un trasnego
> neste caso) o solucione apareza marcado como tal?
>
> algo así como reporte de erros en launchpad, bugzilla, etc. onde alguén
> autorizado abre un informe de erro, nas réplicas incluso se debate sobre
> ese erro, e unha vez se arregla o problema entón márcase como "solucionado"
>
> Se o sistema se crea como un sistema no que alguén deixa un aviso e outra
> persona se encarga de solucionar o problema e indicar que toma nota, entón
> a estructura non é complicada, pero fai falta unha base de datos onde ir
> gardando as entradas de erros e o seu estado. Así como implementar un
> sistema que avise ao responsable/coordinador do aplicativo implicado por
> email. Esto último non sería preciso se entendemos que a lista está aberta
> a calquera que queira botar unha ollada a esa lista e dedicar uns minutos a
> eliminar pequenos erros.
>
>
>
> On 6 March 2012 22:21, Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com> wrote:
>
>>
>> 2012/3/2 Amador Loureiro Blanco <dor...@adorfunteca.org>
>>
>>> Boas
>>>
>>> Ao fío deste correo, teño pensado algunha vez e igual na lista tamén se
>>> falou disto nalgún momento, se sería posible/útil/beneficioso crear en
>>> Trasno un sistema sinxeliño de "avisos"(tipo *ticketing*) no que
>>> calquera persoa puidese notificar algún erro detectado na tradución dalgún
>>> aplicativo.
>>>
>>
>> Efectivamente, sería o ideal. No noso caso creo que non nos dan as mans
>> para abarcar a tanto, pero calquera que teña unha idea de proxecto deste
>> calibre... xa sabe.
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
>
> --
> *Xose M*
> ----------------
> Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
> ----------------
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 

Amador Loureiro Blanco | *dorfun* | *http://www.adorfunteca.org*
[image: Twitter] <http://www.twitter.com/dorfun> [image:
Facebook]<http://www.facebook.com/amador.loureiro.blanco>
 [image: LinkedIn] <http://www.linkedin.com/in/dorfun> [image: Google
Reader] <http://www.google.com/reader/shared/dorfun> [image: Blog
RSS]<http://feeds.feedburner.com/adorfunteca>
 [image: SlideShare] <http://www.slideshare.net/dorfun> [image:
Flickr]<http://www.flickr.com/photos/dorfun/>
 [image: YouTube] <http://www.youtube.com/profile?user=dorfun> [image:
Delicious] <http://delicious.com/dorfun> [image:
Last.fm]<http://www.last.fm/user/dorfun/>
 [image: Tumblr] <http://dorfun.tumblr.com/> [image:
Vimeo]<http://vimeo.com/dorfun>
 [image: FriendFeed] <http://friendfeed.com/dorfun>
[image: Google Talk/] dorfun [image: Y! messenger/] dorfun [image: MSN/]
dor...@hotmail.com [image: Skype/] dorfun
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a