2012/3/7 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
>
>>
>> [note] rule [id=noPT-2010_hide] ==> «hide» tradúcese como «acochar»
>>
>> Isto aínda non se decidiu. Aínda que xa o puxen para discutilo (outra
>> vez) na seguinte Trasnada.
>
> Eu penso que se acordou que fose «agochar», que «acochar» é cando o porco
> fai a cama e, de facto, estíveno a modificar ultimamente.

Repito. Discutiuse, non se chegou a nada definitivo en dúas Trasnadas
e téñoo anotado como posposto. Iso si, como na seguinte non cheguemos
a un acordo xa é preocupante. Levádea preparada que xa vos estou
avisando con tempo suficiente de que «hide/show/print/display» entra
seguro.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to