Boas.

Este correo vai a rolda de Trasno e de galician.mozdev.

Non sei se xa discutiu este termo (supoño que si, pero non atopo nada,
e nas Trasnadas parece que tampouco).

Ultimamente en Mozilla están traballando arreo e sobre todo co
Thunderbird. Agora acabanlle de introducir mensaxaría instatánea, e
estou tendo problemas coa tradución do termo chat e algún similar.

Como traduciríamos chat. Deixamolo igual, traducímolo por conversa,
por conversación, etc. Copio cadeas para que vexades. Eu optei por non
traducir chat, xa que o espazo en moitos casos era reducido. Os
franceses están a traducilo por mensaxaría instantánea, o que me
pareceu boa idea, polo menos nalgúns contextos como vades ver máis
adiante, e pódese reducir a MI.

Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat (E o título da
xanela, que non é moi grande)
Chat network - Rede de chat (Aquí falamos da rede da conta, Yahoo,
gtalk, etc, por iso o de MI)
Please choose the network of your chat account - Escolla a rede da súa
conta de chat
You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de chat
Let &brandShortName; guide you through the process of setting up your
chat account - Permitir que o &brandShortName; o guíe no proceso de
configurar a súa conta de chat.

%S wants to chat with you - %S quere conversar contigo (chat,
conversar, ata podería ser falar)

Conversations - Conversacións (anque podería ser conversas)
Conversations will be displayed here. - As conversacións mostráranse aquí

A min chat non me convence e conversa tampouco. Conta de conversa, non
soa ben, pero conta de mensaxaría instatánea non me desagrada, e a
breve, conta de MI, tampouco.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a