Home, se funciona ben non vexo présa ningunha. Creo que te refires a
"Conversas".

Eu aínda vería mal poñer "chateos" aínda que nos refiramos "ao que
fixemos no chat" .  Valeríame "chats" (que é un pouco ambigüo porque
tanto vale para a ferramenta como para o contido deitado nela) pero
prefiro "conversas" porque tamén tes "Redactar mensaxe" cando se
aplica concretamente a crear un correo novo. Quero dicir... o applet
non é moi coherente en si mesmo pero para min ese grupo asocia
"accións ou resultados de accións" e non obxectos, aplicativos ou
cousas. O ideal sería que se chamase "Mensaxaría" pero é moito ir alén
do orixinal inglés.

Non sei


El día 19 de marzo de 2012 21:56, Fran Dieguez <lis...@mabishu.com> escribió:
> Boa argumentación e mostra de exemplos.
>
> Entón que facemos? Loxicamente eu para GNOME 3.4 non vou cambiar todo
> porque a súa publicación é inminente e non  querería probalo antes.
> Pero para GNOME 3.6 comezaríase a cambiar?
>
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
> On Lun 19 Mar 2012 18:39:58 CET, Antón Méixome wrote:
>> Ía eu dicir que non había problema maior con usar «chat» directamente.
>>
>> Ás túas preguntas, propoño
>>
>> Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat
>> Chat network - Rede de chat (ou Provedor/Servidor de chat)
>> Please choose the network of your chat account - Escolla a
>> rede/provedor/servidor da súa conta de chat
>> You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de 
>> chat
>> Let &brandShortName; guide you through the process of setting up your
>> chat account - Permitir que o &brandShortName; o guíe no proceso de
>> configurar a súa conta de chat.
>>
>> %S wants to chat with you - %S quere conversar contigo (chatear,
>> dialogar, conversar, falar)
>>
>> Conversations - Conversacións (conversas, diálogos)
>> Conversations will be displayed here. - As conversacións mostráranse
>> aquí (CORRIXIR ACENTO: mostraranse) + (Amosaranse aquí as conversas,
>> diálogos)
>>
>> Join chat - Entrar no chat
>> Room - Sala
>> Auto-join this Chat Room - Entra automaticamente nesta sala de chat
>>
>>
>> O que me resulta rechamantísimo é o que dis de que non teñamos
>> discutido ou acordado nada neste campo. Eu recordo debates pero xa non
>> sei onde eran (igual foi nas listas de Mancomun, que non hai que
>> esquecer, porque foron moi produtivas).
>>
>> Máis rechamante aínda. Resulta que Trasno, como grupo estreouse coa
>> tradución dun programa deste tipo. Creo que foi X-Chat de Gnome.
>>
>> En todo caso, hai que considerar o que se leva facendo, e non só nós
>> traducindo senón o uso social das palabras e fórmulas (cando son
>> lexítimas, xustificables e non interferencias). Sumamos a aquelas
>> antigas solucións: chat, conversa outras como mensaxaría (MI) ou
>> diálogo pero para min non é o mesmo unhas que outras porque non cubren
>> o mesmo campo.
>>
>> En breve. Conversa, diálogo son moi xenéricas (valen pero como
>> sinónimos "hiperónimos", como sinónimos son mazá e froita),
>> mensaxaría instantánea xa é máis concreto, porque é un medio de
>> conversa a través dun aplicativo específico (de web, nube, móbil ou de
>> escritorio) pero non tanto como "chat" que entendo se refire sobre
>> todo a diálogo mediante texto (sen multimedia). O que os une a todos é
>> ser un medio interactivo de comunicación pero son toda unha familia de
>> conceptos.
>>
>> Desde o punto de vista do galego, chat é un neoloxismo, seguramente
>> necesario. O feito de que tamén en inglés existan varias palabras que
>> non son exactamente sinónimas (chat, conversation, IM, chatroom, etc)
>> é un indicio, e un argumento para nós porque as necesidades dunha
>> tradución precisa vannos levar á confusión se só utilizamos unha. Non
>> creo que o francés e outros idiomas non se adapten tamén a esta
>> realidade.
>>
>> Finalmente pero non menos importante quero traervos aquí documentación
>> filolóxica en galego sobre o tema. O Observatorio de Neoloxía da Uvigo
>> (http://neoloxia.uvigo.es/neo/) publicou no  2004 un Diccionario de
>> novas palabras (396 páx.), que recolle entre 1997-2004 nada menos que
>> 1160 entradas. Ese dicionario non só recolle senón que escolma,
>> documenta, define e valora todos eses neoloxismos a un paso de
>> converterse en palabras do acervo común do galego actual.
>>
>> Aquí están:
>>
>> chat sm Espazo virtual no cal se pode manter comunicación interactiva
>> dentro de Internet.
>>
>> [PRENSA] Abrirase unha páxina en Terra e realizarase un chat coloquio
>> que lles permitirá ós internautas propoñer temas e cuestións que se
>> irán
>> presentando. [OCG 17/03/00] // A partir de “Emilio Algalia” co que
>> Leis entrou nun chat (servidor de diálogo)
>> para deixa-la súa dirección en Internet.
>>
>> [OCG 05/12/98] // Termos como e-mail ou chat van pasar ó primeiro
>> termo da realidade cotiá. [OCG 26/12/98]
>>
>> [INTERNET] No chat de Vieiros os temas serán desenvolvidos previamente
>> nun web e logo presentarase a unha persoa de relevancia coa que se
>> conversará en tempo real. [www. vieiros.com 08/05/02] // Por parte da
>> Consellería de Educación procúrase comunicar a través de tódolos
>> medios audiovisuais o desenvolvemento e o contido da lei en contacto
>> directo con profesores e estudiantes e a través dos consellos sociais,
>> incluídos medios como este chat. [www.grupoelprogreso.com 08/05/02]
>> [1997-P]
>>
>>
>> chatear vi Comunicarse a través do chat.
>>
>> [PRENSA] “Desta maneira integra Neira Cruz os novos soportes da
>> información a esta historia, que conseguen un gran peso no relato ó
>> comunicarse
>> os protagonistas principais vía e-mail ou chateando, pero supeditado ó
>> contacto directo, xa que, ó final, xorde o amor entre os dous mozos.”
>> [OCG
>> 08/03/00] // Un dos andares é un ciber, cun conxunto de terminais para
>> acceder a interesantes fontes, chatear, participar en foros,... O
>> outro andar é unha ludoteca con variadas ofertas para grupos de
>> xogadores, xogos en solitario, información sobre xogos
>> alternativos,... [TN 01/03/00] // (...)controlar de temas
>> internáuticos ou mesmo chatear converteuse en tema de portada. [OCG
>> 26/12/98]
>>
>> [INTERNET] E sería en 1991, durante a guerra do Golfo cando o feito de
>> “Chatear” se converteu nunha útil ferramente para pór en contacto ós
>> soldados destinados na operación Tormenta do Deserto cos seus
>> familiares. [www.ulo.com 08/05/02] // ¿Como funciona o chat? ¿que
>> programas debemos instalar para chatear? O chat funciona a través do
>> navegador de páxinas web (o Netscape ou Explorer), polo que non
>> necesita instalar ningún programa máis.[www.aponte.org 08/05/02] //
>> Por exemplo, para chatear na rede hispana (en Galego, Euskera, Catalá
>> e Castelán, basicamente), deberás ligar a irc.irchispano.org. Non é
>> imprescindible, como é lóxico, poñe-lo nome e direccion de Correo
>> Electrónico verdadeiros, pero si que é necesario, algún dato.
>> [www.mirc.co.uk 08/05/02]
>>
>>
>> chateo sm Acción de comunicarse a través do chat.
>>
>> [PRENSA] Despois de todo a ama de casa segue sen entende-lo enredo de
>> opcións de microondas e o uso máis sofisticado do ordenador segue
>> sendo o navegar na web ou participar nos chateos. [OCG 25/01/00] // Un
>> chateo no que participaron os internautas, que se celebrou días
>> posteriores ó peche da iniciativa, no que o alquimista das letras,
>> defensor da inmediatez e da urxencia, concebiu outro relato máis, ipso
>> facto. [OCG 02/01/00]
>>
>> [INTERNET] A Macro Páxina de 4x4, onde moitos aficionados poñen as
>> suas páxinas. Tamén podes topar unha sección de consellos, coches
>> roubados,
>> chateo e moitísimas cousa máis.... Non ten perda!!!! [spi.4x4.nu 08/05/02] //
>> ¿Coñeces o mIRC, o mellor programa de IRC/Chateo do mundo mundial?
>> Pois xa podemos empregalo en galego gracias ao script desenvolto por
>> RaMi (Rami Rodríguez Suárez); [www.galego21.org 08/05/02] // Non
>> estará per-
>> mitido o chateo xa que o uso fundamental será a busca de información
>> ou temas culturais. [www.dicoruna.es 08/05/02].
>> [1999-P]
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to