Boas.

A min soábame raro, pero si que vin algo Leandro. E máis, empreguei a
tbx das trasnadas para comprobar a terminoloxía e xa me pusen a
empregar remove - retirar e delete - eliminar. Agora que terei que
corrixir en todos os lugares. En en breve poreime con about - acerca
de e hide - agochar e show - amosar, que sempre me gustaron máis.

Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat
Sería: Asistente da conta de conversas (ou de conversar, prefiro conversas)

Chat network - Rede de chat (ou Provedor/Servidor de chat)
Sería: Rede de conversas (eu prefiro Rede de mensaxaría instantánea,
pero seguimos os acordos)

Please choose the network of your chat account - Escolla a
rede/provedor/servidor da súa conta de chat
Escolla a súa rede de conversas (eu prefiro Escolla a súa rede de
mensaxaría instantánea, pero seguiremos os acordos)

You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de chat
Aínda non configurou unha conta de conversas

Let &brandShortName; guide you through the process of setting up your
chat account - Permitir que o &brandShortName; o guíe no proceso de
configurar a súa conta de chat.
...no proceso de configurar a súa conta de conversas

Como xa dixen no seu momento, creo que está mal escrito en inglés, xa
que me decanto máis por mensaxaría instantánea (MI) para o tema das
redes, xa que estás configurando contas de twitter, facebook ou para
chatear.

Noutro momento mandarei unha mensaxe coas capturas de pantalla e
comentando outros erros cometidos que vou subsanar agora que vin como
quedaban na interface determinadas traducións.

Non envío nada a rolda de galician.mozdev, xa que ninguén contestou.

Saúdos.


2012/3/20 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> A ver. Isto discutiuse nas Trasnadas. Os resultados das Trasnadas
> están publicados en http://trasno.net/content/resultados-das-trasnadas
> concretamente o ficheiro TBX con todos os acordos está en
> http://trasno.net/ficheiros/upload/resultados_trasnadas/glosario_trasnada11.1_so_recomendadas.tbx
> e podedes abrilo co voso navegador web e incluso gardalo, e tamén
> podedes buscar nel empregando directamente o navegador web xa que é
> texto plano e premendo Ctrl+F incluso aforrades algo de tempo.
> Perdoade a mala ostia.
>
> Por favor, antes de volver preguntar na rolda mirade antes os
> resultados das Trasnadas. Pego aquí o acordado:
>
> «chat»=«conversa»
> «chat»=«conversar»
> «chat room»,«chatroom»=«sala de conversas»
>
> Deica
>
>
> 2012/3/20 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>> Home, se funciona ben non vexo présa ningunha. Creo que te refires a
>> "Conversas".
>>
>> Eu aínda vería mal poñer "chateos" aínda que nos refiramos "ao que
>> fixemos no chat" .  Valeríame "chats" (que é un pouco ambigüo porque
>> tanto vale para a ferramenta como para o contido deitado nela) pero
>> prefiro "conversas" porque tamén tes "Redactar mensaxe" cando se
>> aplica concretamente a crear un correo novo. Quero dicir... o applet
>> non é moi coherente en si mesmo pero para min ese grupo asocia
>> "accións ou resultados de accións" e non obxectos, aplicativos ou
>> cousas. O ideal sería que se chamase "Mensaxaría" pero é moito ir alén
>> do orixinal inglés.
>>
>> Non sei
>>
>>
>> El día 19 de marzo de 2012 21:56, Fran Dieguez <lis...@mabishu.com> escribió:
>>> Boa argumentación e mostra de exemplos.
>>>
>>> Entón que facemos? Loxicamente eu para GNOME 3.4 non vou cambiar todo
>>> porque a súa publicación é inminente e non  querería probalo antes.
>>> Pero para GNOME 3.6 comezaríase a cambiar?
>>>
>>> Fran Diéguez
>>> http://www.mabishu.com
>>> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>>>
>>> On Lun 19 Mar 2012 18:39:58 CET, Antón Méixome wrote:
>>>> Ía eu dicir que non había problema maior con usar «chat» directamente.
>>>>
>>>> Ás túas preguntas, propoño
>>>>
>>>> Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat
>>>> Chat network - Rede de chat (ou Provedor/Servidor de chat)
>>>> Please choose the network of your chat account - Escolla a
>>>> rede/provedor/servidor da súa conta de chat
>>>> You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de 
>>>> chat
>>>> Let &brandShortName; guide you through the process of setting up your
>>>> chat account - Permitir que o &brandShortName; o guíe no proceso de
>>>> configurar a súa conta de chat.
>>>>
>>>> %S wants to chat with you - %S quere conversar contigo (chatear,
>>>> dialogar, conversar, falar)
>>>>
>>>> Conversations - Conversacións (conversas, diálogos)
>>>> Conversations will be displayed here. - As conversacións mostráranse
>>>> aquí (CORRIXIR ACENTO: mostraranse) + (Amosaranse aquí as conversas,
>>>> diálogos)
>>>>
>>>> Join chat - Entrar no chat
>>>> Room - Sala
>>>> Auto-join this Chat Room - Entra automaticamente nesta sala de chat
>>>>
>>>>
>>>> O que me resulta rechamantísimo é o que dis de que non teñamos
>>>> discutido ou acordado nada neste campo. Eu recordo debates pero xa non
>>>> sei onde eran (igual foi nas listas de Mancomun, que non hai que
>>>> esquecer, porque foron moi produtivas).
>>>>
>>>> Máis rechamante aínda. Resulta que Trasno, como grupo estreouse coa
>>>> tradución dun programa deste tipo. Creo que foi X-Chat de Gnome.
>>>>
>>>> En todo caso, hai que considerar o que se leva facendo, e non só nós
>>>> traducindo senón o uso social das palabras e fórmulas (cando son
>>>> lexítimas, xustificables e non interferencias). Sumamos a aquelas
>>>> antigas solucións: chat, conversa outras como mensaxaría (MI) ou
>>>> diálogo pero para min non é o mesmo unhas que outras porque non cubren
>>>> o mesmo campo.
>>>>
>>>> En breve. Conversa, diálogo son moi xenéricas (valen pero como
>>>> sinónimos "hiperónimos", como sinónimos son mazá e froita),
>>>> mensaxaría instantánea xa é máis concreto, porque é un medio de
>>>> conversa a través dun aplicativo específico (de web, nube, móbil ou de
>>>> escritorio) pero non tanto como "chat" que entendo se refire sobre
>>>> todo a diálogo mediante texto (sen multimedia). O que os une a todos é
>>>> ser un medio interactivo de comunicación pero son toda unha familia de
>>>> conceptos.
>>>>
>>>> Desde o punto de vista do galego, chat é un neoloxismo, seguramente
>>>> necesario. O feito de que tamén en inglés existan varias palabras que
>>>> non son exactamente sinónimas (chat, conversation, IM, chatroom, etc)
>>>> é un indicio, e un argumento para nós porque as necesidades dunha
>>>> tradución precisa vannos levar á confusión se só utilizamos unha. Non
>>>> creo que o francés e outros idiomas non se adapten tamén a esta
>>>> realidade.
>>>>
>>>> Finalmente pero non menos importante quero traervos aquí documentación
>>>> filolóxica en galego sobre o tema. O Observatorio de Neoloxía da Uvigo
>>>> (http://neoloxia.uvigo.es/neo/) publicou no  2004 un Diccionario de
>>>> novas palabras (396 páx.), que recolle entre 1997-2004 nada menos que
>>>> 1160 entradas. Ese dicionario non só recolle senón que escolma,
>>>> documenta, define e valora todos eses neoloxismos a un paso de
>>>> converterse en palabras do acervo común do galego actual.
>>>>
>>>> Aquí están:
>>>>
>>>> chat sm Espazo virtual no cal se pode manter comunicación interactiva
>>>> dentro de Internet.
>>>>
>>>> [PRENSA] Abrirase unha páxina en Terra e realizarase un chat coloquio
>>>> que lles permitirá ós internautas propoñer temas e cuestións que se
>>>> irán
>>>> presentando. [OCG 17/03/00] // A partir de “Emilio Algalia” co que
>>>> Leis entrou nun chat (servidor de diálogo)
>>>> para deixa-la súa dirección en Internet.
>>>>
>>>> [OCG 05/12/98] // Termos como e-mail ou chat van pasar ó primeiro
>>>> termo da realidade cotiá. [OCG 26/12/98]
>>>>
>>>> [INTERNET] No chat de Vieiros os temas serán desenvolvidos previamente
>>>> nun web e logo presentarase a unha persoa de relevancia coa que se
>>>> conversará en tempo real. [www. vieiros.com 08/05/02] // Por parte da
>>>> Consellería de Educación procúrase comunicar a través de tódolos
>>>> medios audiovisuais o desenvolvemento e o contido da lei en contacto
>>>> directo con profesores e estudiantes e a través dos consellos sociais,
>>>> incluídos medios como este chat. [www.grupoelprogreso.com 08/05/02]
>>>> [1997-P]
>>>>
>>>>
>>>> chatear vi Comunicarse a través do chat.
>>>>
>>>> [PRENSA] “Desta maneira integra Neira Cruz os novos soportes da
>>>> información a esta historia, que conseguen un gran peso no relato ó
>>>> comunicarse
>>>> os protagonistas principais vía e-mail ou chateando, pero supeditado ó
>>>> contacto directo, xa que, ó final, xorde o amor entre os dous mozos.”
>>>> [OCG
>>>> 08/03/00] // Un dos andares é un ciber, cun conxunto de terminais para
>>>> acceder a interesantes fontes, chatear, participar en foros,... O
>>>> outro andar é unha ludoteca con variadas ofertas para grupos de
>>>> xogadores, xogos en solitario, información sobre xogos
>>>> alternativos,... [TN 01/03/00] // (...)controlar de temas
>>>> internáuticos ou mesmo chatear converteuse en tema de portada. [OCG
>>>> 26/12/98]
>>>>
>>>> [INTERNET] E sería en 1991, durante a guerra do Golfo cando o feito de
>>>> “Chatear” se converteu nunha útil ferramente para pór en contacto ós
>>>> soldados destinados na operación Tormenta do Deserto cos seus
>>>> familiares. [www.ulo.com 08/05/02] // ¿Como funciona o chat? ¿que
>>>> programas debemos instalar para chatear? O chat funciona a través do
>>>> navegador de páxinas web (o Netscape ou Explorer), polo que non
>>>> necesita instalar ningún programa máis.[www.aponte.org 08/05/02] //
>>>> Por exemplo, para chatear na rede hispana (en Galego, Euskera, Catalá
>>>> e Castelán, basicamente), deberás ligar a irc.irchispano.org. Non é
>>>> imprescindible, como é lóxico, poñe-lo nome e direccion de Correo
>>>> Electrónico verdadeiros, pero si que é necesario, algún dato.
>>>> [www.mirc.co.uk 08/05/02]
>>>>
>>>>
>>>> chateo sm Acción de comunicarse a través do chat.
>>>>
>>>> [PRENSA] Despois de todo a ama de casa segue sen entende-lo enredo de
>>>> opcións de microondas e o uso máis sofisticado do ordenador segue
>>>> sendo o navegar na web ou participar nos chateos. [OCG 25/01/00] // Un
>>>> chateo no que participaron os internautas, que se celebrou días
>>>> posteriores ó peche da iniciativa, no que o alquimista das letras,
>>>> defensor da inmediatez e da urxencia, concebiu outro relato máis, ipso
>>>> facto. [OCG 02/01/00]
>>>>
>>>> [INTERNET] A Macro Páxina de 4x4, onde moitos aficionados poñen as
>>>> suas páxinas. Tamén podes topar unha sección de consellos, coches
>>>> roubados,
>>>> chateo e moitísimas cousa máis.... Non ten perda!!!! [spi.4x4.nu 08/05/02] 
>>>> //
>>>> ¿Coñeces o mIRC, o mellor programa de IRC/Chateo do mundo mundial?
>>>> Pois xa podemos empregalo en galego gracias ao script desenvolto por
>>>> RaMi (Rami Rodríguez Suárez); [www.galego21.org 08/05/02] // Non
>>>> estará per-
>>>> mitido o chateo xa que o uso fundamental será a busca de información
>>>> ou temas culturais. [www.dicoruna.es 08/05/02].
>>>> [1999-P]
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to