On Wed, 29 Sep 1999, Julio jose Gomez Diaz wrote:

> O cal é unha incoherencia, pois "E era moi bo..." é unha cacofonía similar 
> ó feito de en español dicir "el agua" en vez de "la agua", que non e un 
> sustantivo
> masculino, senon que emprega o artigo masculino para evitar a superposición 
> dos
> fonemas, por eso penso que aínda que diga "graficamente representarase sempre 
> como e"
> debería dicir explicitamente "aínda que na fala estea permitido empregar i",
> que supoño que non o di.

Ben, non son filologo, pero a min ensinaronme que en galego o e non fai 
cacofonía. Transcribo toda a entrada:

i,conx.e. A conxuncion copulativa galega é sempre e. Dialectalmente 
existen duas áreas con estas realizacións fonéticas: unha con /E/ aberto 
sempre e outra con /E/ aberto diante de consoante e con semiconsoante /j/ 
diante de vocal distinta de /i/. Ambolos dous tipos de pronuncias son 
válidos pero é totalmente inadmisible a realización como /i/ vocálico en 
todalas posicións propia de algúns neofalantes e de pronuncias esnobistas.
Graficamente representarémola sempre e, mesmo nos casos en que precede as 
vocais anteditas, tal como prescriben as normas académicas. (...sigue con 
detalles).


> >Por certo este dicc. é moi recomendable.
> >
> 
> Supoño que para empregar a regla oficial como un fanático si.

¿Estas decindo que son fanático? 

Aportei este dato porque o tiña a man, e porque o libro en cuestion 
merece consideracion porque non so se dedica a poñer a caldo ós lusistas 
senon que en moitos casos aporta informacion util a todos (incluidos 
estes ultimos).

Agora acabo de consultar o dicc. de Estravís, outra fonte digna de 
respeto, ainda que peque do contrario, e non recolle o i como conxunción 
copulativa.
E de paso mirei tamen o dicc. portugués/español da Porto Ed. e tampouco 
recolle este uso do i.

E sacando algo positivo de todo esto, que tal si alguén, por exemplo eu, 
ou mellor, si varios, se deican a recopilar fontes que poidan ser de 
utilidade, con comentarios que permitan un uso racional (quero decir 
poñer en claro de que pe coxean) :-)

Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a