Jesus Bravo Alvarez wrote:
>         En canto ós recursos que necesitamos, serían estes básicamente:
> 
> - Servidor Web (a ser posible con PHP3)
> - Servidor de correo con soporte de listas
> - ¿Servidor FTP?

sería bo ter o de FTP, dígoo porque nos fai falla un para a traducción
de doc do LDP. necesítano no LDP para facer "mirrors" semanais.

>         Unha pregunta básica é se ten que ser todo moi cuadrado
> (www.legal.org, ftp.legal.org, cvs.legal.org, @legal.org), ou pode ser máis
> flexible (como penso eu).  Neste caso, o CVS ben podería estar onde está
> agora o de programas (ceu.fi.udc.es), e o servidor de correo noutra máquina
> que non tivese por que ser a do servidor web.

eu partiría do "ideal": ter un supercomputador hospedado na nasa cunha
conexión de 42 terabits/s e un dominio, con acceso para coordinador@s.
xa que o imos facer, imos facelo ben e planificalo pensando no futuro.

o equivalente ao que temos agora mesmo nos dous grupos sería: CVS e unha
sóa lista no GPUL, FTP no GLUG (cando o que o manexa restaure o
directorio, que xa leva fodido 3 semanas), e páxinas non se sabe
onde(onde están as de probas?). parece ser que os de udc son "reacios" a
darlle nada máis ao GPUL, así que habería que olvidarse de crear listas;
e ¿tedes FTP? se non, seguir dependendo do que o manexa no GLUG. e se
necesitamos proximamente algo máis? pois igual habería que buscalo
noutro sitio distinto.

por iso me parece que é mellor ir buscando un sitio onde teñamos os
maiores privilexios e comodidades posibles. se en galego21 teñen (tedes)
algo así como un servidor hospedado (é polo que preguntaba eu o outro
día) ou as IPs reais para GPUL (porque o servidor de conectiva véxoo
difícil), sería case case o "ideal".

finalmente, o "dominio bonito" é unha carallada e non inclúo este tema
no que dixen antes; pero en todo caso, se temos unha URL moi enrabichada
sempre podemos acudir a redireccionar ou algo.

>         Posibilidades que temos ou serían desexables:
> 
> - Galego21 (imaxino que sería algo así como http://www.galego21.org/linux)
> - Dominio (e máquina) ofrecido pola xente de Conectiva (o dominio penso eu
>   que non tería problema, polo que nos dixo Rik Van Riel a Jacobo e a min)
> - Que o GPUL obteña direccións IPs reais dos rácanos da UDC. :-D  Eu penso
>   que sería o ideal, porque estaría mantido por xente de confianza, sería
>   moi sinxelo para administrar e para engadir o necesario (ex, PHP3)

eu engadiría a do GLUG, calificándoa como pouco probable.

>         E por último o nome... O de "LeGal" foi un pouco precipitado, e
> semella que hai xente por aí á que non lle gusta (tampouco é que me
> estrañe).  ¿Algunha proposta...?

o complicado é inventar outro xDDDD.

*** aproveito para dicir que máis arriba dou resposta ao que dicía
Francisco X.V.G. (para centrar nesta mensaxe o dos recursos):
>     Eu desas cousas non entendo pero ten que haber algunha paxina que ofreza
> servicios gratuitos de listas de correo para Linux ¿non?. Digo eu que para
> estas cousas non habera que ir pedir unha subvención a D. Manuel. ;-)


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@cfutura.com>


Responderlle a