Tue, Apr 04, 2000 at 07:36:51PM +0000, Manuel A. Fernandez Montecelo escribiu:

>>         E linux-gl ou gl-linux non vale porque teriamos ducias de visitas
>> pensando que é unha páxina sobre OpenGL en Linux.
>
>GLinux como dixo Francisco non está mal, e confúndese menos a xente que
>con gl (pefixo ou sufixo) aparte. ademáis estará a descripción en galego
>ou que poña algo sobre o acrónimo. e integra Gnu/Linux e GL do gl (->
>código de galego).

        O único é que tampouco é moi indicativo... "glinux" pode ser
calquera cousa, coma quen di...

>e é importante pero tampouco é unha cousa vital, eu deixaría unha semana
>para propoñer outros ou obxectar sobre este, e nada máis.

        Xa, pero no caso de que teñamos que coller un nome de dominio, ou
un nome de proxecto en sourceforge, habería que facelo segundo o nome. ;-)

>>         Por certo, tamén hai que ir pensando nun logotipo.  Xa coñecedes o
>> pingüín de Ramón Flores (podedes visitar a nova versión que fixen hoxe no
>> sitio de sempre, http://www.eurielec.etsit.upm.es/legal/).
>
>non sei se volo comentei antes, pero gustaríame algo máis orixinal. é
>dicir, outro animal (ou equivalente) identificativo, tal como o do
>propio linux, GNU, GNOME, GIMP, SLUG, ...

        ¿Alguén manexa ben o GIMP? X')

>pero iso non corre présa, pódese cambiar cando se queira sen trastocar
>nada de nada e esas cousas ...

        Iso si que é certo.

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

Responderlle a