Em Terça 04/11/2003 às 20:07, Lucas Vieites Fariña dizia... > Hai xa un tempo que veño observando a evolución das traduccións do > grupo Trasno e queríavos preguntar acerca dos vosos criterios á hora de > realiza-las revisións dos textos, sobre todo no aspecto da coherencia.
Penso que na web do Transo podes ver exemplos e conselhos: http://www.trasno.net/axuda/ Há um dicionário de galego técnico e uma guia de estilo que podem ser de utilidade. > A miña experiencia coa traducción de software (e calquer texto en > xeral) ó galego é que sempre atopo con alggunha persoa que está en > desacordo coa traducción. Ás veces porque é demasiado normativa, ás > veces porque é demasiado lusista, e en outras ocasións porque está > demasiado castelanizada. E neste aspecto nunca hai termino medio. É um dos problemas que tem o galego isolacionista: detrás de cada castelanismo está um lusismo. E se consegues encontrar esse ponto médio, o mais provável é que seja "demasiado normativo", como comentas. Também depende da época, algo pode ser um lusismo agora e pode ser galego autêntico dentro de três anos, mira "xornal" ou "estrada", que antes eram lusismos que te cagas :) > ¿Cal é o galego que usades para as traduccións? ¿Tedes unha guía de > estilo, ou cada un traduce como fala? Pos eu estou seghuro de que tradusir como fala cada um no seu pueblo nom o fai nádie porque si nom a cousa iba quedar algho espesa ;-) Berto. _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno