O Luns 23 de Xaneiro de 2006 ás 01:14, Jacobo dicía:

> Vaia, hai que recoñecelo: a web está detida en febreiro do 2004 (¿xa pasou
>tanto tempo?), non hai CVS desde aquela, os sistemas de estatísticas non
>funcionan, etc., etc. Incluso eu son inoperante como coordinador, e a
>pesares diso algunha xente consegue traducir cousas e todo :-)

        Pouco hai que dicir sobre isto ;)  Pola miña banda:

Coordinación de GNOME: Afortunadamente Nacho non fartou e seguiume
    insistindo para que lle pasara a coordinación.  Ao final conseguiuno e
    agora está a facer un traballo estupendo (100% traducido nos paquetes
    básicos, parabéns!). Aquí non houbo perda pola inoperancia de Trasno.

Estatísticas: Sorprendentemente é o único que se mantén con vida na web...
    As estatísticas de GNOME e KDE seguen a actualizarse (en grande parte
    porque Nacho tamén me insiste para que poña as novas versións de GNOME,
    e mira que podo tardar días e días en facelo) ;)

Dicionario: Hehe, como pasa o tempo :D  Cheguei á versión 0.14, e había
    xa 277 termos. Pero diso hai xa 5 anos!!  Evidentemente non está
    adaptado á nova normativa, e algunhas cousas sobran e faltan moitísimas
    outras.  Polo menos serviría como base se alguén colle a tarefa.

Resto da web: Aquí xa me entra a risa :D :D  O "deseño" que hai agora
    fíxeno eu hai 5 ou 6 anos, e aí ficou.  Debemos ter unha das páxinas
    máis antigas de Internet X-) 

> A miña idea co Trasno é que sirva para que distintos grupos independentes
>de tradución de software libre ao galego se poidan comunicar, e intercambiar
>experiencia e coñecementos.

        Paréceme o lóxico. Eu empecei a escribir unha mensaxe hai uns meses
sobre o mesmo, pero non cheguei a acabala...  Pero está claro que isto
precisa dunha refundación e descentralización, é o habitual noutras
linguas.  Mesmo en catalán, os de KDE van por libre e os proxectos que
están en softcatala.org teñen un wiki e/ou unha lista de correo
independente do resto.

> Estou pensando na lista de correo, nun portal, nun dicionario actualizado,
>etc. Ou incluso algún sistema para intercambio de ficheiros, pero só para
>grupos que non poidan ter o seu.

        A miña opinión:

- Listas de correo: O ideal é ter só unha, para non ter ducias de listas
  case baleiras.  Pero se un grupo quere ter a súa non hai problema, sexa
  fóra ou dentro de Trasno.

- Portal: O mínimo posible, que teña unha pequena introdución, información
  sobre os recursos (lista, dicionarios...), e xa está.  O resto, só
  referencias aos grupos de tradución.

  Sobre a posibilidade de que os grupos usen a mesma web de Trasno,
  paréceme ben, pero isto ten un requisito básico: que sexa facilmente
  actualizable (non como agora que só Jacobo e máis eu podemos editar a
  web).  Usar un wiki non sería mala idea (o que vos dicía de softcatalà
  está en: http://www.softcatala.org/wiki/Portada)

- Dicionarios/guías de estilo: Aquí teño unha dúbida, ¿isto debería ser
  algo estático do portal, ou modificable polos usuarios?  ¿Só por algúns
  usuarios?  ¿Se cadra que haxa un ou dous encargados, e que os
  usuarios poidan facer comentarios na propia web?

  E aquí tamén teríamos que aproveitar a posibilidade de facer un glosario
  conxunto coa xente de galego21.org (que tamén voltaron á vida). Agora
  sería máis fácil que nunca, por motivos evidentes que comprenderedes
  cando visitedes o glosario na súa web :D

     http://www.galego21.org/doku.php/proxectos:glosario

  (parece que algunhas cousas dese dicionario de hai 5 anos aínda valen) ;)


        A ver se fala máis xente, que Jacobo e máis eu xa levamos moito
falado aquí ;)

        Saúdos!

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a