->Coido que un punto importante é a posibilidade de modificación da 
páxina para cada grupo. Na actualidade cada vez que se precisa modificar 
algo precísase facer un trámite máis complicado do que debía (eu 
empregaba unha páxina propia para anovar as asignacións das traducións, 
namentres dende Trasno se solicitaba o ficheiro cada noite).Se lle 
ofreces aos grupos a posibilidade de poder modificar o seu propio 
apartado na páxina, pode que te sexa máis doado que non se independicen 
de web e polo tanto se faga unha desmembración da tradución do Linux, sen 
interrelacións entre grupos (pódese facer un símil co estatut? ;))  
 
->Tamén estaría ben unha anovación do deseño da páxina, máis século XXI 
que XX. Pero sinxelo, e se pode ser para non complicarse a cousa coller 
algún deses deseños que hai pola rede de libre uso (http://tigert.com/, 
polo estilo parécenme sinxelos de usar e sinxelos de navegar, e non é 
deseño orixinal; de seguro que hai moitos exemplos aproveitables). Eu 
votaba unha man senón fose porque estes días me comezan os exames e non 
vou ter moito tempo. 
 
 
 

-- 
DSL-Aktion wegen großer Nachfrage bis 28.2.2006 verlängert:
GMX DSL-Flatrate 1 Jahr kostenlos* http://www.gmx.net/de/go/dsl
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a