Ola: El vie, 27-01-2006 a las 14:47 +0100, mvillarino escribió: > O Sexta, 27 de Janeiro de 2006 13:52, José Antonio S.A. escribiu: > > > > E facer este traballo con profesionais na lingua galega. Estou un poco > > > canso das discusións "de bar" sobre normativas. > > > > Certo!, ¿que tal seguir a normativa oficial e non complicarse? > > Ao respeito, só teño que dicer que no momento en que se impoña o uso dunha > normativa en concreto, posibelmente abandone o proxecto. Que tal se cada un > traduce na norma que queira e deixamos que a norma se escolla mediante unha > política de "actos consumados"?. (*) ¿Actos consumados?, logo a normativa oficial, é a que estou a ver que se impón nas traduccións. De tódolos xeitos, sen entrar en profundidades filosófico-filolóxicas-etc, indo o centro do "problema" ¿cál é o obxectivo final? 1. Satisfacer a nosa necesidade de expresión lingüística empregando a "nosa" normativa propia... logo ten sentido que cada quen traduza na norma que queira. 2. Promover-divulgar-expandir o uso do software libre e dentro diso 2a. Promover-divulgar un escritorio "unificado" (sea GNOME, KDE ou Enlightenment, tanto me ten) 2b. Crear documentos de axuda-guía-apoio a partires dese escritorio "unificado" En definitiva pensar no usuario final e máis aló.
Eu aposto decidídamente pola opción 2. O meu "traballo" (entendido coma inversión de tempo) está dirixido nesa dirección. Na miña colaboración con outro proxecto de traducción empregaba coma guía a traducción doutras aplicación intentando manter sempre a coherencia. Pois claro que sempre podemos facer unha aplicación para "nós". Pero a tendencia actual (2006) é seguir unhas guías para construir a interfase (por exemplo as HIG de Gnome), para programar a aplicación (está na propia definición de software libre), pois o obxectivo xa non é un mesmo senón a comunidade. ¿Que diríamos do programador que pon os nomes que el quere as funcións, as variables?, simplemente non colaboraríamos programando nesa aplicación. O mesmo é aplicable as traducción, é preciso, cada vez máis, unha coordenación, un traballo conxunto, cunhas normas non só ortográficas, senón de estilo, e moito máis. E a norma máis difundida e apoiada actualmente é a "oficial". Por suposto que cadaquén pode traducir na normativa que desexe, ¡faltaría máis!, pero ¿sería unha traducción "admisible" (tómese isto con precaución) e utilizable dentro dun escritorio unificado e coherente? > > Respeito ao dos profisionais (**), se pagas usarei a norma que ti queiras. > Eu non pago, pero podes preguntar na Xunta ... jeje ;) Saú2 Jose A. Salgueiro > Nota: > (*) Excepto a norma agal, que ten diferenzas de abondo como para dificultar a > sua leitura ao novato. Por norma agal refiro-me tanto á publicada no > "Prontuário Ortográfico Galego" como no "Estudo crítico ... 2ª ediçom). de > 1985 iirc. e da cal hai corrector ortográfico. > > (**) Por profisionais, entendo que te referes a licenciados en filoloxia > galego-portuguesa ou a licenciados en tradución e interpretación > especializados en tradución do inglés ao galego. Non entro en nengun dos dous > grupos. > _______________________________________________ > Trasno mailing list > tra...@ceu.fi.udc.es > http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno ______________________________________________ LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. Llamadas a fijos y m�viles desde 1 c�ntimo por minuto. http://es.voice.yahoo.com _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno