> Por certo, que formas de colaboración con Trasno e outros grupos de
> traducción  vos parece que deberían de seguir para obter máis
> softaware libre en galego.



Paradoxa: a Xunta se interesa polo tema, e non se lle ocorre nada mellor que 
non falar cos que traballaban desinteresadamente senón axudar e colaborar 
receptivamente co empresariado I+D galego, que non é que non fixera nada: 
fixo sempre máis ben todo o contrario a promocionar o sw libre. Debe ser unha 
errata. Haberá que poñerse outra vez en contacto cos asesores oficiais (quen 
son os non oficiais?)


Forma de colaboración: desinteresada e carente de lucro para empresas. Pero 
iso é incompatible co que se quere agora por parte do goberno. Aberta a 
todos, non como en mancomun (todas as reunións de carácter exclusivo a 
asociacións "non belixerantes", personalidades políticamente adscritas a xa 
se sabe qué partido e empresas e empresarios da amizade, é dicir, o que se 
coñece como lobby e o aceptan con naturalidade para un primeiro intento en 
Bruxelas estes recentes días).   ¡Traballen señores gobernantes e asesores, e 
déixense de dinamizar e sinerxias inmaterializabeis, que seguen sen facer 
nada concreto máis que doar diñeiro público á industria na que delegan 
funcións!



//Isto que ven agora OFF-TOPIC  para descrición pormenorizada dos métodos

Por certo, estou empezando xa poñerme de mal humor. Non é que só se me pediran 
suxerencias no pasado sobre necesidades (como estás a pedir ti),  senón que 
tamén se adicaron a xogar con nós para logo facer o que fixeron (pechar 
contactos, proxectar mancomun.org en privado e algunha broma de mal gusto 
digna de Maquiavelo, coma a dos comentarios en galiciaconfidencial.com). 
Porque estou empezando a ver claro quén está a mover os fíos (e non é 
precisamente a administración directamente, nin agora nin antes). Por 
exemplo:

1. Cando se me pediu un borrador para elaborar un dicionario, pretendíase usar 
para sacar a concurso ou para traspasarllo a empresas. Anteriormente suxerín 
se había disposición pola administración local ou autonómica, que pagaba a 
pena ter o OO traducido antes que calquera dicionario.

2. Como non había posibiliade técnica de dicionario, varios meses despois saiu 
o concurso a tradución, a miña suxerencia viábel. Entérome por un fío de 
discusión que houbo presións por parte de un individuo para que fóra mediante 
empresa, cando nun principio ía ser levada a cabo directamente pola 
administración.

3. Tamén suxerín con máis anterioridade facer un plaxio aos cataláns. Facer un 
Softcatala á galega. Boa idea, aos meses traen a un dos de Softcatalá e agora 
xa temos Mancomun. Unha pena que non se fale de Trasno en mancomun (xa non 
digo se nos tente axudar), cando se pretende facer o que levamos 7 anos (eu 
4) a facer de balde. Tamén unha pena que cando se tentara falar de Trasno nas 
reunións clandestinas (porque non te enganes, ás reunións non se invita a 
calquera, ao igual que Xunta non escoita a calquera)  houbera unha 
indisposición xeral connosco (entendincho noutra mensaxe).

4.Polo posto en 1,2 e 3 prefiro non suxerir nada máis, pois ou na 
administración non lles entra pola orella o significado de "de balde e libre" 
ou os que realmente están a argallar realmente dende vai tempo todo isto co 
beneplácito da administración (comezando dende o famoso "Linux para o Pobo", 
embrión, imaxino) non están polo labor de ter a uns esperpentos (por certo, o 
de choróns sobra) ancorados no asociacionismo de inicios de século a 
traballar de balde por principios (éticos ou pragmáticos, ao gusto do 
lector).Ademáis, parece que as únicas suxerencias que se aceptan son das que 
se pode obter rendemento económico, así que non pretendo que agora se faga 
caso. Recoñezo que o proxecto comezou tentando recadar iniciativas con 
pluralidade, pero "non é lícito que se licite" logo en prexuízo de calquera e 
se pretenda seguir contando coa receptividade infinita. 

E se non lle importa a ninguén que xa é tarde, vou facer un "svn commit" para 
subir varias traducións de KDE, como veñen facendo as empresas dende tempos 
inmemoriabeis tódalas noites despois de estimar os superávits que logo 
revirten na sociedade (perdón, que logo invirten en sociedades).
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a