Un comentario: trasno non é mais ca unha lista de correo e unha web, que
usa a xente que quere facer traduccions para comunicarse.
O mérito é desas persoas. Se elas queren outorgarllo a esta lista ou á
web están no seu dereito posto que son os que traballan e poden facer o
que queiran con el.

Pero a efectos prácticos eu non vexo en Trasno máis ca iso, unha canle
de intercambio de informacion.
Cando máis se nota e cando se solicitou algo "diferente" como por
exemplo, que alguen de Trasno participase nunha mesa redonda ou o debate
sobre cambiar a forma de traballar que se fixo non hai moito.
Intercambiouse informacion e opinions pero dame a impresion de que esas
cousas quedaron en nada.

Resumindo, o mérito é dos traductores, que usan unha lista de correo
denominada Trasno para intercambiar información. Se o cededes á lista de
correo estádes no vosos dereito e eu respétovos, pero persoalmente
valorovos a vos e ó voso traballo e non a un instrumento técnico.

Certamente Trasno só é iso: unha lista de correo, catro páxinas
indicando como poñerse a traducir (que por certo igual non era mala
idea actualizalas un pouquiño, por exemplo mencionando programas coma
Kbabel e poEdit), e máis varias páxinas de estatísticas sacadas
doutras páxinas. Ademais diso Trasno ven sendo nada mais.

Tamén estou de acordo con que se ben Trasno parece non ter ningunha
actividade, incluso na lista de correo a veces, os traductores que se
supon que traballan dentro de Trasno si que traballan arreo (alguns) e
outros menos (coma min), pero ainda que hai xente que non é que
traduza moito, a cousa avanza ou polo menos mantense.

O que non me parece tan boa idea é que haxa tantos proxectos de
traduccion sen ningun tipo de relacion: galego21, mancomun, trasno, o
proxecto de traduccion de Mozilla, alguns traductores en solitario,
etc..

A min sempre me pareceu boa idea ter proxectos separados pero unidos
dalgunha maneira, por exemplo en Trasno, porque senon sempre pasa o
mesmo, os que empezan de cero cren que eles son os primeiros ou que os
anteriores non fixeron nada ou simplemente o deixaron. Ademais iso
facilita o "intercambio de informacion e axuda" entre os traductores
que ainda que estean a traballar en programas diferentes sempre se
poden botar unha man.

Ben, vouno deixar aqui porque teño que rematar a practica.

Ata logo,
              Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a