O Xoves 01 de Xuño de 2006 ás 12:51, Xosé dicía:

>Trasno non ten visibilidade, o que repercute en cousas como a escaseza 
>de voluntarios ou "esquecementos" á hora de mencionarvos.
>[...]
>Xa sei que o voso traballo está aí, pero no mundo real hai moitas cousas 
>que ainda que nos crucemos con elas non nos decatamos ata que alguén 
>no-lo recorda.

        Está claro que Trasno funciona como funciona.  E eses argumentos
serían completamente válidos se o noso traballo fose para reforestar montes
ou axudar a discapacitados (traballos ambos moi útiles, pero que sen
publicidade pasan desapercibidos)

        Pero a situación é distinta: Proxectos como GNOME, KDE, GNU,
Mandriva, Debian, etc... teñen MOITA visibilidade.  E eses proxectos teñen,
dun xeito ou outro, soporte para galego.  E iso é algo relevante, mesmo se
os tradutores encargados non fan publicidade, ou están metidos nun templo
budista.  Ninguén esquecería unha tradución do Hamlet de Shakespeare a
galego, só porque o non se coñecese o tradutor.

        Na miña opinión, que unha páxina sobre software libre en galego
non teña referencias aos "Proxectos de software libre que xa teñen equipos
de tradución a galego", é pouco coherente.

>En resume: sinto meter a pata, pero deberíades aproveitar este tipo de 
>situacións para reflexionar e ver se se pode facer algo máis para 
>mellorar a situación do software libre en galego;

        Isto é outro asunto.  Sempre se pode mellorar, e no mundo do
software libre (especialmente), ninguén pode pretender ter o monopolio.
Nin os vellos nin os novos.

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a