> Eu son profesor, preparo material docente que coloco nun web a
> disposicion dos meus alumnos e de que chegue por alí e queira usalo. A
> pesar diso os meus alumnos criticanme cousas, incluso dese material.
> ¿Debo supoñer que non me agradecen o material e o meu traballo?

Non confundas berzas con froita. Non se fala de crítica, fálase de ignorancia 
por parte dun novo colectivo-insitucinal que tenta adicarse 
(incompatiblemente) ao mesmo que nos adicamos e non se lles ocorre nada 
mellor que poñer unha notiña na páxina web a modo de ligazón sen falar 
sobre posíbeis colaboracións nun mesmo traballo: traducir software libre. 
Ademáis, ¿os cordinadores das distribucións que pensarán dun portal que 
traduce por libre e pon os traballos compilados impedindo a libre 
distribución xunto co programa enteiro (como se fai en KDE, Gnome, OO, 
distribucións ....)?




> Pero e que non podo evitar comentar as cousas que se poderían mellorar. E
> unha delas sería aproveitar algunhas oportunidades que chegaron pola lista
> (algunha asociacion, algun alumno de traducción...). Sorprendeme que xente
> tan motivada coma vos non vexa as posibilidades que abrirían, polo menos de
> cara a aumentar o número de voluntarios. 

Oes, tampouco digas que espantamos aos mortos. Moitas veces preséntanse 
colaboradores (sexan profesionais ou non) e ou non colaboran ou colaboran: a 
curto prazo, a longo prazo, ou en breves periodos despois dos que non se 
volve saber nada. Por outro lado, houbo propostas do colectivo que agora leva 
mancomun para ter apoio dende algúns concellos. O problema é que non todo o 
mundo está disposto a como dis "abrirnos a novas posibilidades" sexan cales 
sexan os métodos e os obxectivos. Neste aspecto lamento a ausencia de 
espírito crítico que existe pola rede, e como sabes, o espírito crítico leva 
como obxectivo mellorar optimistamente o que se critica, non desentenderse.

Dende Trasno houbo críticas e aínda as hai, como se amosa neste fío, e se non 
se entendeu dende Mancomun pois creo que non se nos debe acusar de afastados 
non aperturistas, senón acusar aos de Mancomun a responder a intereses 
persoais incompatíbeis co asociacionismo e voluntariado. Ademáis, non houbo 
ningun contacto oficial na lista de correo máis aló da resposta que deu 
A.Pérez Casas a un rogo de Tomás Fernández para pedir explicacións ou iniciar 
contactos.

> Por iso insisto en facer algo máis 
> que botarvos frores, ainda que a estas alturas, e despois de enviar correos
> en algunha outra ocasión, o unico que conseguin e que pensarades que non
> valoro ese traballo, polo que mellor aportacion que vos podo facer e
> borrarme da lista, e non molestar no voso traballo e nas vosas criticas.

Non te enoxes, ninguén pensa que non se valora o traballo dende os usuarios 
coma ti. Pensamos que non se valora dende as institucións polo xeito que 
teñen de proceder.


>
> Chao
>
>
> .
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a